Xaque Mate, exposición de Beatriz Barcia….

Beatriz Barcia natural de Ferrol é ante todo unha persoa con vocación artística. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago, profesora de Pedagoxía Terapeútica, actriz de Teatro, Cine, TV e publicidade, deseñadora e pintora…

Esta polifacética muller vén de inaugurar unha magnífica exposición na sala da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, sita na Rúa dos Olmos 16-18, 1º, A Coruña, que estará aberta ao público ata o 24 de novembro. Utilizando un taboleiro e pezas de xadrez, Beatriz, presenta unha colección de cadros e estampas pictóricas titulada Xaque Mate. Como a mesma autora subliñou a temática da súa obra xurdíu como unha necesidade de xustiza pictórica, enfocada a temas sociais, utilizando as figuras de xadrez de xeito antropomorfo e xogando, irónicamente, co xaque mate da vida mesma..

Ten por norma fotografiar paso a paso canda candaseu cadro, dende o boceto inicial ao resultado final. Foi unha delicia ver ‘teatralizado’ na pantalla tan singular forma creativa, Beatriz, expuso con voz firme como levou a cabo dous dos seus cadros máis interesantes, que foron adquiridos polo museo de xoguetes: unha caixa de mixtos en forma de xadrez está a piques de ser engulida por unha ola xigante, a devandita caixa simboliza unha pateira. O outro aparece primeiro con tres pezas de xadrez de cores vermella, amarelo e mourado, pouco a pouco xurde o Guernica de Picasso e o taboleiro de xadrez cos peós na vangarda, azuis, proxectando sombras negras de soldados a piques de fusilar as tres pezas subliñadas, á bandeira republicana.

A técnica pictórica máis empregada é a de acrílicos sobre lenzos.

Velaiquí:

 

Non deixa ningún tema no tinteiro: Nin o burka como opresión feminina, nin o fusilamento do Ensino Público, amén do logradísimo cadro das forzas vivas ou o xaque mate ortográfico, íntimamente relacionado coas acampadas dos indignados…

Beatriz con Gustavo Pernas e Ánxela Blanco…

A presentación estivo moi concurrida e por faltar non faltaron dramaturgos coma Gustavo Pernas, actrices como Ánxela Blanco, músicos e pintores como Manuel Rajal…

 

Texto e fotos: Fina Roca

Feira coruñesa das Artes Plásticas…

Ate hoxe, día de Santiago, podedes gozar da da Décima Feira de Artes Plásticas da Coruña. Un lugar de encontro, sito nos xardíns de Méndez Núñez. Cabe subliñar que, se queredes invertir en arte, esta é unha oportunidade única, en primeiro lugar porque podedes interactuar, en directo, cos pintores/as e artístistas plásticos galegos, en segundo lugar porque os prezos da súa obra é sempre más barata que nas galerías expositivas.

O actual alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, encargouse de inaugurar a devandita feira, percorrendo unha por una as casetas dos artistas plásticos galegos que preside Pedro Bueno. Xa coincidín con Negreira en dous eventos e, aínda que non participamos da mesma idioloxía política, son demasiado ácrata para arrimarme a ninguén, dou fe que non leva a prensa pegada ao cu, como facía o seu predecesor no cargo; agora o que fai falla é que deixe de pensar no partido e que loite pola Coruña.

Velaiquí ao xove artista e arquitecto Oscar Cabana: Un valor incuestionable e laureado por toda a súa obra:

http://oscarcabana.com/

Hoxe tamén pecha as súas portas a feira das Marabillas, feira medieval da cidade vella herculina, que, onte, empezou con chuvia pero, afortunadamente a tardiña escampou un pouco e puidémola visitar, con distintas actuacións de danza, música e acrobacias:

http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/xvii-feira-das-marabillas-a-coru%C3%B1a-3235.html

Texto e fotos: Fina Roca

Eliska Fischerová KHIRIA…

Baixo o nome de Malá Utopie (Utopía de muller) ven de inaugurarse na galería coruñesa de Alen Klass http://www.alenklass.es/  unha singular exposición de Fotografía da artista checa Eliska Fischerová (Khiria)

O acto de presentación estivo moi animado, concurrido e divertido:  Alex actuou de intérprete, a pintora Rosa de descubridora de xenios e Eugenia de mestra de cerimonias.

Eliska Fischerová ten 22 anos, é unha das modelos alternativas máis prestixiadas da República Checa e unha das promesas máis importantes da fotografía deste país que paga a pena visitar anque só sexa de forma virtual:  http://www.disfrutapraga.com/

Eliska empezou pintar con sete anos de idade, pero, aos dazasete, descubriu a fotografía dixital e quedouse prendada do photoshop e até de agora. Estudiou fotografía no Instituto da Arte e Comunicación Visual de Praga. Se serve de se mesma, oomo modelo, para facer as fotos, e tamén se deita das súas amigas.

Velaiquí coa súa estética gótica e coa súa nai, quen non quixo perder a primeira exposición da súa filla en España.

http://www.khiria.com/

Autorretratos:

Aspecto de Alén Klass Arte, unha sala de exposicións modesta, que está a marcar o ritmo artístico da cidade coruñesa dando a coñecer e descubrindo grandes artistas de talla universal.

Esta foto chamou poderosamente a atención: a modelo é unha amiga de Khira, pero tanto á dereita como a esquerda aparecen dúas pantasmas que para se quixer o presentador de Milenium.

A exposición estará aberta do 3 ao 25 de xuño de 2010: C/  Dolores Rodríguez Sopeña, 9, A Coruña.

Texto e fotos: Fina Roca

Gran Formato…

Una exposición que paga a pena e nun lugar, que incita ao paseo e sosego: Aula de Natureza do Xardín Botánico da Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña). Dende o 26 de marzo ao24 de abril. Horario: Luns a venres de 18.00 a 21.00 h. Sábados: de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h.

Expoñen en gran formato, -acrílicos, óleos e técnicas mixtas- , os/as artistas: Alfonso Costa, Ángeles Jorreto, Laureano Vidal, Lola Beade, Luís Romero, María Manuela, Mª Xesús Díaz, Oscar Cabana, Pedro Bueno, Rilo, Tino Poza e X.Vázquez Castro. A presentación correu a cargo de Celestino Poza, concellleiro de Cultura de Culleredo. Escritores e poetas non faltaron como podemos ver nas fotos.

María Manuela e Oscar Cabana (de quen xa teño falado amplamente nestas páxinas) falan amizosamente nos minutos previos a inauguración. 

Cumbre de Lola Boedo:

Os autores fronte a súa obra:

Texto e fotos: Fina Roca

Exposición de Lola España en A Coruña

Lola España (Dolores F. España) ven de colgar os seus cuadros na coruñesa sala de exposicións Alen Klass http://alenklass.es/

Licenciada en Bellas Artes pola facultade de Pontevedra e Máster de Creatividade pola Universidade de Santiago esta xenial pintora ten obra abondo como para ser recoñecida no mundo artístico. A búsqueda da cor e de novos materias, que plasma de forma maxistral en forma de collage, sitúana a medio camiño entre o surrealismo pictórico e a literatura fantástica. Lola recoñece que, dende que abre a fiestra da casa ata que se deita, o mundo rural que a rodea, a cultura castreña ou unha semple horta, danlle voltas e reviravoltas na testa ata que é capaz de plasmar o que sente ao través dos pinceis. A cor ilumiña toda a súa obra.

Lola con Eugenia, a directora da Galería Alen Klass

Monte Blanko:

O castro de OKa (acrílico):

Magnífico collage acrílico: no curro da horta

A exposición está aberta de luns a venres 17:3o-20:30 H; sábados 11:00-14:00H

Alen Klass, Rúa Dolores Rodríguez Sopeña 9. A Coruña

Texto e Fotos: Fina Roca

Oscar Cabana Picado

Óscar Cabana Picado é un xove arquitecto e pintor coruñés que vén de ser seleccionado para formar parte do Catálogo Nacional da Arte:

http://www.oscarcabana.com/

Velaquí a foto do cuadro seleccionado para o Catálógo.

Prometo darvos máis información sobre esta xove promesa. Paga a pena apostar por el…

Fina Roca.

Luís Alberto Hernández e Robín Peñaranda en ALENKLAS arte

Curiosa e interesante exposición dos artistas plásticos colombianos (Barranquilla) Luís Alberto Hernández e Robín Peñaranda. Ámbolos dous son pintores, escultores e licenciados en Bellas Artes pola Universidade Atlántico de Barranquilla onde Hernández imparte a docencia. É a partir do ano 2007 cando participan en exposicións individuais e colectivas en Galicia. Dende o día 11 de xaneiro ata o seis de febreiro do ano en curso podemos admirar a súa obra na Galería coruñesa ALENKLAS arte: http://alenklass.es/

 O profesor e pintor Juan Ondategui non quixo perder o acto inaugural:  

 http://juanondategui.blogspot.com/

 A obra de Hernández e Peñaranda está relacionada coa arte máis vangardista e coa literatura Hispano Americana. Na sala de exposicións podemos admirar non só os crímes máis raros e exóticos, senón tamén os galos e coitelos propios do realismo máxico de Gabriel García Márquez.

                                    Impresionantes cores

Texto e fotos: Fina Roca