A romaría da virxe do Chamorro forma parte do culto mariano relacionada coas historias de pastores a quen se lles aparece a virxe entre as rochas, tan en voga dende o mester de Clerecía (Ss XIII-XIV) ate o século XVII, que é cando se funda a confradía da virxe do Chamorro, tamén chamada da virxe do nordés, en honor ó vento máis propicio e frío da zoa, o máis estimado polos pescadores das rías galegas; a capela ten o estilo propio de calquera ermida galega asentada no medio e medio dun monte con extraordinarias vistas panorámicas: consta dunha soa nave rectangular con muros de sillería de granito e mampostería, bóveda de crucería de treces claves e altar barroco presidido por unha virxe coroada con cara de nena, pelo natural, vestida a maneira románica e anxos barroco ós pes da mesma, que dan a sensación de estar a levantarlle o manto; a capela está asentada nas rocas onde apareceu a virxe e por faltar non falta ningún dos atributos dos santuarios relixiosos: a auga milagrería da fonte, os exvotos e cirios, o mendigo, o cruceiro…
Gaiteiros tradicionais con monteiras e gaitas dun só ronco
Mendigos con chagas
A entrada a hermida é constante
Este ano non permitiron veas accesas dentro do santuario, colocáronse no mirador
Conta a lenda cuns pastores atoparon agochada nesta rocha de avalar a virxe do nordés. Disque un mariñeiro estaba a piques de afogar na ría de Ferrol, a altura da Malata, e ecomendouse a virxe do Nordés dicindo: Xa morro, xa morro. E dende aquela tamén se coñece como a virxe do Chamorro. As cantigas populares se repiten relacionadas moitas delas coas cantigas de amigo: Senón veño a Chamorro / de mal de amores morro / eu veño ofrecida / pra que o meu amigo cumpra o prometido.
A primeiras horas da mañá os romeiros van subindo monte arriba e logo perante todo o día non deixan de subir e baixar pola estrada e corredoiras, ben por devoción, ben para cerebrar a chegada da primaveira, pois non hai que esquecer que moitas destas romarías teñen orixe precristián, e mesmo había o costume de subir ó monte, concretamente os penedos, para adorar as deuses, ou para da-las grazas da chegada da estación florida. De feito os petroglifos non falta nas rochas do Chamorro.
Recreación pseudohistórica do desembarco de Carlos I de ESpaña e V de Alemaña nos Castelos, praia viveirense de Covas:
A correxidora cos soldados espera a Carlos V e a súa nai Juana
Carlos e Juana la Loca desembarcan nun barquiño de xoguete, perdón, de vela. Suponse que tiña que desembarcar nunha carraca portuguesa, nunha nao ou nunha carabela, non si? Segundo un cronista oficial da vila, ámbolos dous grandes de España e Alemaña, desembarcaron en Viveiro no ano 1548… Vamos! En 1548, dona Juana, filla de Isabel e Fernando, esposa de Felipe o Fermoso, e nai de Carlos V, -primeira raiña de España-estaba pechada en contra da súa vontade, no pazo cárcere de Tordesillas, onde foi maltratada, física e mentalmente polos seus cancerbeiros co visto bo de seu pai e marido. En Tordesilla estivo dende 1509 ata que morreu en 1555. Nin a seu pai, nin ao seu home lles conviña sacar do encerro a raiña. Se Fernando o Católico era un impresentable, o seu xerno era peor: auténticos artífices da lenda negra de Juana la Loca. Eran moi ‘machos’ e non podían consentir que unha muller governase o país. Os Austrias foron os precesores da Lei Sálica (as mulleres non poden governar), lei que perpetuaron ata a data os Borbóns. O noso Felipiño ( o marido de Leticia) é o herdeiro a coroa polo semple feito de ter un pendallo no medio das pernas…
Cabaleiros e infantes acompañando aos protagonistas de esta Historia pola estrada de Covas deica ao arco plateresco de Carlos V.
Esperando sentados aos soberanos na praciña da herba coa tradicional vestimenta da época de Carlos V…
Namentras, o Viveiro actual transcorría, entre a tradicional volta ciclicsta e anual concentración de moteiros na ponte da vía e no Ies…
Rúas atiborradas de xente vestidos segunda a tradición medieval e renacentista, anque tmaén había as clásicas perrucas de Luis XVI, e romanos. É dicir, cada quen facía a festa a súa maneira
Os abandeirados florentinos:
Mangüel e os seus tambores viveirenses: o mellor da Vila
Auténtica, Chus…
O mercado tradicional:
A cea nos claustros de San Francisco, as damas e cabaleiros ían fabulosamente vestidos, unha maravilla o escenario gótico do evento onde non faltaban os mestres en cetrería
Nas rúas: o mellor da súa casa.
Os bares máis concurridos:
Que non decaiga a festa a pesares dos errores históricos.
A tradición das Pepitas, en Ferrol, remóntase ao século XIX, pero a festa popularízase ao principio do s.XX, en 1903, concretamente.
Que decirvos da Festa? Chámome Fina (Pepa) e nacín en Ferrol. Dende nena vivo a festa a tope e sego a emocianarme cando me atopo coas rondallas, interpretando habaneras, vals ou cancións populares polas rúas, bares ou praza de Amboage.
Para os habitantes de Ferrol, a festa das Pepitas, que se celebra o véspera de San Xosé (18 de marzo) e tan importante como as fallas para os valenciáns, de feito celébranse o mesmo día e cada rondalla ten a súa madriña cal falleira maior. As rúas énchense de tunantes cos seus instrumentos de corda e púa para homenaxear ás ferrolás louvando a súa beleza, discreción e elegancia. Rodean ás mulleres, en especial ás Pepas, Finas e Pepitas, cantándolles fermosísimas cancións, habaneiras…
En Ferrol nunca se perdeu a ancestral tradición de cantar polos bares e rúas.
As rondallas reúnense na praza do marqués de Amboage, cuxa estatua segue no medio e medio da mesma, non como en Viveiro, que desterraron a Pastor Díaz. Logo de cada actuacións os grupos distribúesen pola cidade para cantar a tope.
Nos derradeiros anos, por iniciativa da Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca, hai o costume de obsequiar ás mulleres polos bares e cafeterías co Bico das Pepitas, un bizcocho de chocolate e laranxa como o que podedes observar na foto.
É o barrio da Magdalena o que máis se integra na conmemoración das Pepitas…
Onte na coruñesa praza de Azcárraga o dúo Risoterapia composto por Paco Lodeiro e Carlos Jiménez, acompañado pola orquestra La Sonora Callejera,fixo as delcias de propios e estranos, que escacháronse coa risa coas fabulosas imitacións de ámbolos dous artistas. A praza estaba abarrotada de xente, que aplaudiu a rabechar. O momento estelar foi cando apareceu Pepe o Repolo, habitual cantante do bar máis popular da Coruña, Os Beles, que está de aniversario. O Repolo foi recibido con moito cariño, arrancando cunha canción de Antonio Molina: Soy Minero.
Todos son magníficos, pero entre os compoñentes da orquestra cabe subliñar a Pulpiño, un artista que toca 25 instrumentos, facendo música clásica cunha serra cal violín e toca o acordeón ao revés. O grupo interpreta todo o que lle boten, rock, bossa, funky, rumba, pop, son cubano…
Hai que velos!
Pulpiño tocando a serra, Carlos Jiménez e Pepe o Repolo
Naseiro é unha festa totalmente pagana, como os Caneiros de Betanzos, que nace no século pasado, na década dos trinta, baixo a iniciativa dun empresario, Ramón Barro, de Barro-Chavín (Viveiro), que decidiu celebrar as súas ganancias invitando aos seus empregados e familia a unha comida pantagruélica na beira do río Landrove, nun lugar coñecido como os naseiros, paradisíaco, rodeado de vexetación autóctona, nogais, castaños e frotais de todo tipo, onde non faltaban as manciñeiras, zorolleiros, figueiras, pereiras de urraque ou uvas de San Migueliño (as de canto me tardas e pouco me duras).
O nome de Naseiro ven dado porque o Landro era navegable ata Chavín. Abundaban os cangrexos e mexilóns de río, as troitas e reos. Pero destas cousas xa falei largo e tendido nos artigos e reportaxes publicados en El Heraldo de Viveiro i El Mundo. A miña escrita me remito…
Os naseiros puñan as nasas río arriba e de aí ven o nome de Naseiro.
Perante o franquismo tentaron desvirtuar a festa pagana. Franquistas e falanxistas eran maniáticos, malos e intolerantes. Non podían admitir publicamente o que eles facían a miúdo: comer, beber efoder. O que se fai en Naseiro dende os tempos de María Castaña. Outrora, no campo da festa, había un peto de ánimas, unha capeliña en honor da Virxe dos Remedios e unha feira de gando…
Na década dos setenta fixeron unha capela nova, a actual, e un cruceiro, que inagurou don Manuel Fraga Iribarne. A partir de entón, o Naseiro multitudinario, crisitianizouse por decreto-lei. Hoxe en día hai misa solemne e procesión coa imposición do Santo como podemos ver nas fotos da actual edición. Cabe subliñar que a conmemoración da Virxe dos Remedios é o 8 de septembro. Pero, que queredes? San Naseiro existe que é o que de verdade importa. Celébrase o penúltimo domingo de agosto, ou cuarto se agosto tivese cinco domingos.
Dura cinco días como mínimo. O vernes (24 de agosto de 2007) é o día do pulpo e non hai orquestra, pero si gaiteiros e charangas. O pulpo podes comelo nos botiquíns ou nas mesas familiares e pandilleiras. Porque en Naseiro, como na feira de Sevilla, cadaquén monta o seu propio chiringuito con cociñas e camas. O Sábado é domingo son os días grandes, celébranse por tódolo alto a base de marisco e paellas idem. O luns é o día do caldo e o martes o das sardiñas. Pero, en realidade, a festa do Naseiro dura sete días entre montar os cabanotes e desmontalos.
Eu son naseira dende o berce e mesmo celebrei o convite da miña voda no campo de Naseiro un 13 de agosto do ano 1972, non puiden casar na capela porque entón era un privilexio da casta castrense.
De nena adoitaba ir coa familia no coche de San Fernando. O único camiño de acceso era unha corredoira que había pola Casa do Menor. Daquela non había máis atracións cas barquiñas de cadeas e os cabaliños. Nós comiamos no chan, debaixo dunha manciñeira, onde hoxe está a tómbola do Cubo e o zoco dos negros e colombianos. Aquelo era un paraíso e bañabamonos no río.
Mesas había poucas, as do señorío con manteis de camariñas e vaixelas de Sargadelos. Na década dos 60 popularízase a festa: os donos dos campos cobraban pouco por instalar unha mesa, coches había poucos e íamos en bus, que nos deixaba arriba, na estrada. Meu avolito, José Ariza, o fotógrafo, que inmortalizou Naseiro nas súas maxistrais fotos, ía na Montesa e as veces levábame de paquete. Que ben se pasaba e pasa! Recordo mesas diante do hórreo e no medio e medio do río.
Sen lugar a dúbidas a alma mater do Naseiro das décadas do setenta, oitenta e noventa, foron Toñín Colosía e Paco Chao, os pioneiros dos disfraces e de engalana-las mesas. Toñín seguiu a celebra-lo Naseiro ata que morreu! Hoxe en día as súas fillas e amigos seguen a manter a mesa ao pe do río, detras do hórreo, mesa aberta como manda a tradición…
A procesión dos Remedios non ten sentido, pero alá cadaquén coas súas manías.
A virxe dos Remedios celébrase en septembro segundo a Xunta de Galicia:
Velaquí a capela dos Remedios, en Naseiro, coa imposición do Santo e a imaxe da Vrxe:
Festa rachada Naseiro 2007 (24, 25, 26, 27 e 28 de agosto)
Empeza a festa todo estaba limpo e tranquilo:
Empezan os atascos e os coches mal aparcados. O día do pulpo:
O día do marisco na rúa máis naseira, a de Guillermo Toxo…
Aquí están as mellores mesas abertas, a da ONU, presidida por Pepe do Galicia e Salomé, e dos Jiménez Díaz, presidida por Juan Feal e Africa Jiménez.
Naseiro está dividido en tres:
A) Campo da festa cos palcos. Este ano por primeira vez dende o día da inauguración non houbo orquestra no Hórreo. Dous camións xigantes supriron o tradicional palco de cabozo.
O psicodélico escenario da orquestra París de Noia ocupou medio campo da festa e contrasta co paisano que durme a sesta na hamaca diante dunha caseta do Naseiro. Debido a este descomunal escenario desapareceron varios botiquíns e mesas. Nunha romaría sobran os macroescenarios.
B) Atraccións feirais, tómbolas e tendas de todo tipo, incluso, ferreterías:
C) Mesas abertas e pechadas. Por primeira vez ondeou a bandeira gai en Naseiro:
A Naseiro acude xente de tódalas idades, mesas familiares con pais, fillos, netos e bisnetos engradecen a festa e mestúranse con todos…
Porretas, caveiras e motos nos tellados:
Disfraces, gorros, Chupetes, Pachulín, La Pantoja, Vodas, Abellas Maias, familias, charangas, gaiteiros, o negro de ollos saltóns, o fotógrafo do minuto…
Baixada polo río, luns de Naseiro, o río estaba limpo e as galiñas campaban as súas anchas a ámbolas dúas marxes, ata chegar ao lugar onde se poñen as atraccións, a partir de aquí, entre os coches que chocan e maila meta, o río estaba moi cocho, cheo de merda; os desaprensivos tiran todo a auga, lavan pratos e potas, e mexan e cagan no río. Os participantes puideron coller unha gran infección na zona subliñada, de feito queixáronse de que daba noxo acercarse áo campo da festa. Os retretes non estaban nada limpos e duchas non había para poder lavarse. Con todo a baixada foi moi divertida anque este ano faltaba Tarrío:
Foi no Naseiro onde se inventaron as leiras aparcacoches: