O 20 de jullo do ano en curso, o xuíz Juan del Olmo secuestrou a revista satírica El Jueves da que son incondicional lectora dende os tempos de María Castaña. O secuestro non ten sentido, que barbaridade! Será certo que contra Franco vivíamos mellor!? De que vai este xuíz? De modelo de virtudes? Veña xa! Non pode secuestra-la libertade de expresión co traballo que nos costou conseguila. Este episidio recordoume cando secuestraron a La Codorniz por unha portada na que se facía alusión aos 25 anos de paz do franquismo: 25 anos a puro ovo. Del Olmo non contento con retira-la revista satírica dos quioscos e librerías, mandou desconectar a páxina web de El Jueves. Por que? Porque confunde o cu coas témporas. Está tolo! Nin que non houbera outras cousas máis importantes que facer…
Velaquí a portada secuestrada. Que me secuestre a min tamén:
Fina Roca