15 M. A Coruña…

Na Coruña continúa a acampada do 15 M. Cabe subliñar que agora están moi pendentes dos deshaucios por falta de pago de hipotecas, que anuncian día a día na páxina dos indignados, para evitar os desaloxos dos máis necesitados…

http://es.wikipedia.org/wiki/Movimiento_de_indignados_15-M

Dende o principio, este movimento pacifista, gozou da simpatía e solidaridade dos coruñeses e coruñesas.

Recordemos:

1. Monte de San Pedro. Alí estivemos…

http://www.youtube.com/watch?v=VMbX9ttJA8o

2. Cadea humana: Codo con codo como no Prestige, aínda que aquela cadea do alumnado e profesorado de Secundaria rodeando a Costa da Morte baixo a bandeira de Nunca Máis, en protesta polo chapapote do Prestige, fose irrepetible…

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/05/26/00031306366297756900658.htm

3. Acampada: Antes e agora

Agora persisten os perro flautas: eses rapaciños e rapaciñas, pacifistas, cos seus canciños, porros e flautas, que te tratan maravillosamente, anque as veces non saiban contestarte coherentemente ao que lles preguntas. Con todo eu prefiro velos a eles que aos banqueiros abigarrados, que se burlan de nós a diario e que pasan con cara de noxo diante das jaimas do Obelisco coruñés. De seguro, que se eu tivese os seus anos estaría baixo a carpa, día e noite, indignada, claro…

O acoordinista do Corte Inglés púxolle música ao evento, solidarizándose con todos os movementos pacifistas…

Texto e fotos: Fina Roca

A praia de Sacido, Viveiro…

Fotos e texto: Fina Roca

A praia de Sacido (Galicia), situada no extremo occidental do paseo marítimo de Viveiro (Lugo), é unha fermosisima cala de area moi fina e branca de 90 metros cadrados, que está rodeada dun gran acantilado e pequenos cantís mariños cubertos coa vexetación propia da ribeira viveiresa: piñeiros bravos, xestas, abruñeiros (os endrinos casteláns cos qu se fai o Pacharán), loureiros, silvas, moreiras, fentos rizados, fungos, toxos e flores silvestres, como liririos e madreselvas, e todas cantas flores hai relacionadas coas herbas de San Xoan: ruda, herba Luísa, fiúncho, lavanda, espadeira…

 Sacido 017.jpg

Cala de Sacido

Na beira das 144 escaleiras da praia, único camiño de acceso, aínda podemos ver entre as herbas, os saborosos careixóns (fresas silvestres), temén chamados cacareixós, amorodos, morotes ou morangos…

Sacido 015.jpg

Escaleiras de acceso á cala de Sacido

Confeso a miña fidelidade por esta praia  e pola ‘piscina’ de Xaime, un remanso natural de auga salgada na que da gloria bañarse…

Sacido 021.jpg

Outrora, os cativos e cativas, agachabamos entre as rocas e loureiros unha lata grande de marmelo, para cociñar nas brasas o que collíamos coas nosas propias mans: mexillóns, minchas, nocos, cangrexos, camaróns, ourizos, navallas ou longueiróns. Pasabámolo en grande! E sempre había algún mariñeiro coa súa dona botando a rapeta, para xunta-lo peixe. Daquela non había paseos marítimos, nin espigón desmesurado, nin ‘salgueiros’ con minigolf…

Pero, como poderoso señor é don Diñeiro! Acabaron poñéndolle reixas ao monte beneficiando aos Salgueiros a conta dos carballos, castaños e piñeiros. O Motel as Sirenas ten unhas vistas fabulosas, pero o acantilado vaise ao carallo:

Sacido 006.jpg Sacido y Covas 023.jpg Sacido y Covas 027.jpg

          (Reixas a escasos metros do acantilado. Os Salguieros -donos do Motel as Sirenas- cercaron o monte con alambradas para facer piscinas e minigolfs, esquecéndose do señorío de paso e pechando ao mar os ancestrais camiños públicos…)

Como cada ano hai máis obras coa conseguinte poda de ábores, os desprendementos e a erosión están servidas. Para corroborar o que digo abonda con darse un garbeo ata Sacido no coche de San Fernando. Non só observaredes en directo as fochancas de medio metro de ancho tapadas cunha semple valla metálica, senón tamén o peche do único camiño público que había ao final do paseo marítimo, para favorecer a construcción de 90 apartamentos turísticos. E iso que agora mandan os outros…

De seguir así van urbanizar a Colleira.

Sacido 008.jpg Sacido 007.jpg Sacido 018.jpg

 Sacido y Covas 029.jpg Sacido y Covas 032.jpg Sacido y Covas 035.jpg

Fochancas no paseo marítimo e desmesuradas talas para favorecer as vistas dos novos apartamentos a escasos metros do acantilado…

Sacido 009.jpg Sacido 014.jpg Sacido y Covas 036.jpg

Camiños públicos pechados a cal e canto

Artigo publicado no Heraldo de Viveiro (20 de jullo de 2007)