Talleres clandestinos…

Os talleres clandestinos na cidade de A Coruña, crecen como as claras de ovo a punto de neve. Este está na Avenida de Arteixo, entre a rúa Curie e o Instituto Urbano Lugrís, ferrocarril por medio. Do día para mañá fixeron as casetas (a un metro da vía do tren) que supoñemos retretes. Dubido que teñan o permiso de edificación. Dende a rúa Pintor Urbano Lugrís pódese ver o devandito taller e un fato de mulleres pranchando, que se agochan cando se sinten observadas. Nel hai unha especie de barra, como nas tintorerías, para colgar camisas, uniformes etc. Os traballadores/as entran pola rúa Curie, pero na devandita rúa non existe ningún taller de lavado ou pranchado; hai empresas relacionadas co motor, de aluguer de furgonetas de 2ª man, e mesmo está Fiateria: motor FIAT. No medio destas hai unha fábrica abandoada, que con toda probabilidade aloxa o taller clandestino de costura e pranchado.

clandes.1.jpg

clandes. 2.jpg

clandes.3.jpg     Traballan para Zara, quizais? Ou para a lavandería industrial que está na rúa José Mª Rivera Corral, a dos Riveritas, é dicir, a da ESTRELLA DE GALICIA.

Texto e fotos: Fina Roca