No marco incondicional da Igrexa de San Francisco de Viveiro, ná ábsida gótica máis alta de toda Galicia, tivo lugar (14-X-2011) o enlace matrimonial de Lucía y Martín, dous rapaces coma dous soles capaces de facermos emocionar aos máis de 200 invitados. A Cerimonia celebrada por don Francisco Javier Martínez Prieto, un curiña novo que fixo da misa unha auténtica concelebración entre ateos e cristiáns, unha misa como poucas recordo na miña vida, diría que foi única, mesmo permitiu que os noivos permanecesen de cara ao público e non de espaldas como na maioría das bodas, e sen esquencerse do evanxeo tivo referencias literarias encomiables, como a ANTOINE DE SAINT-EXUPERY, o autor do Pincipiño: Amar non é mirarse o un ao outro, amarse é mirar xuntos na mesma dirección. O repertoiro musical foi exquisito, Saleta, unha vez máis coa súa maravillosa voz, fíxonos estremecer: o coro en sí non tiña despedicio. Non faltaba de nada, nin o órgano, nin gaiteiros, nin acoordonistas, onde Pablo Michelena e a súa dona Sarín debutaron a pleno rendemento ¡Son bárbaros! Empezamos con Hendel (Conticorum lubilo) e seguimos con Mozart( Aleluya) Liszt (Sueño de Amor) Shubert (Sanctus) Mozart (Dona Nobis Pacem), pasando polo Só ti da Comunión e hasta el Final (Il Divo). En ese coro celestial estaban las hermanas y amigas de la novia…
Velaiquí algunhas instantáneas da cerimonia e do convite nupcial en Louzao (Area):
Órgano e coro
Lucía tras a lectura de Acción de Grazas fíxonos chorar a todos e todas polas referencias as persoas que xa non están connosco en especial ao seu pai TOÑÍN COLOSÍA: El tiempo pasa, el verano se va y el otoño siempre llega y perdemos a veces alguna de nuestras hojas, algunhas nacen otro verano y otras permanecerán con nosotros por mucho tiempo. Pero las que nos dejan y cayeron, continúan cerca alimentando nuestra raíz con alegría…
Os acoordonistas a saída dos noivos:
¡Ben! A cea non tivo deperdicio. Prmeiro un cóctel, logo un vídeo entrañable coas fotos de Martín e Lucía dende que naceron ata o momento da voda. Logo marisco a fartar (camaróns, percebes, nécoras e lubrigantes) carne, postres e bó viño, licores e orquestra incansable ata altas horas da madrugada con barra libre, froitas frescas e xelados tamén a fartar.
Houbo muiñeiras a mazo pois non en van os noivos forman parte do grupo folclórico máis internacional. Ver bailar a Lucía co seu tío Soto foi algo inenarrable:
Un ano máis a segunda semana do mes de xuño a familia Roca volveu reunirse no restaurante de Manolo Beceiro en Covas (Ferrol). Non estaban todos os que son pero si estaban os patriarcas e bebés.
Os irmáns Roca Golpe, de esquerda a dereita, o tío Xan oitenta anos, O tío César 87, e o tío Pepe, 83… ¿De que estarían a falar?
César e Pepe presidindo a mesa:
Juan, César e Pepe preguntándose, e onde estará o noso irmán Xulio? Ten a muller maliña, dicía Juan. Eu tamén teño a miña e estamos todos aquí cos fillos, netos e bisnetas, dicía Pepe. Oliva é dona Dolores, dicía César e tamén está aquí…
A tía Mérida e a tía Otilia:
O tío Xan coa súa dona:
Xan e César coas súas netas (Carol e Aida) e a alegría da casa: Alexandra a benxamina do grupo con vinte días de existencia, a bisneta de César.
Oliva a feliz bisavoa, dona de César:
Velaquí unha ampla representación da familia Roca:
Na foto superior podemos observar a un dos netos de Pepe e Otilia, Sergio, coas cullers pegadas por toda a cara. Disque vai par Físico Nuclear, pero dadas as súas actitudes ao Uri Gelli, coidamos, que, en nada, vai saír na Wikipedia como o maior animador circense, unha gozada de rapaz, totalmente socializado, como a súa encantadora irmán Raquel que hai quince días fixo a Primeira Comuñón e que eran os máis cativos do clan Roca ata que apareceu Alexandra.
O curmá Xan Carlos (armadanzas fundamental da Xuntanza) coas súa dona.
Roberto e Jorge, dos Roca Bordello…
José Luís (Roca Bordello) coa súa sobriña Raquel:
Aida e Nuria…
Aida con Alexandra dos Roca Díaz, a neta de Fina Roca:
Pero…
Hoxe morreu o tío Pepe, que putada! Quedamos orfos…
Acabo de chegar do tanatorio e non teño palabras. Sentido pésame familia Roca…
A UNESCO promulga en 1995 o día Internacional do Libro que se celebra a nivel mundial o 23 de abril en homenaxe a Miguel de Cervantes, William Shakespeare e I. Garcilaso de la Vega:
Nos tempos que corren de crises mentais-políticas, é de admirar que exista xente que aposte firme pola letra impresa. A escritora e xornalista Cecilia,dona daLibraría NÓS, perteñece a esta especie:
En Nós tiraron a casa pola chanela obsequiando aos habituais clientes cun libro e unha botella de viño Alvariño dos viñedosRosalía de Castro, amén dun ágape con cava…
Había abarrote coma no Parrote e dous ilustres oradores:
a) Pedro González Palencia chef e dono do Restaurante Contrapunto, que deleitou ao persoal con numerosas receitas de peixe, hortalizas e froitas de temporada coas que elaborar suculentas cremas frías: a de remolacha con berberechos non tiña desperdicio.
b) Eduardo Riestra, o editor de Ediciones de Viento e Barracuda Libros, gozou a mazo contando como lle dese por editar libros de viaxes exóticas. Dedicoulle especial atención ao libro de Jaimal Yogis: Saltwater Buddha. A divertida historia dun surfeiro de dazaseis anos que busca o Zen nas ondas da mar salgada. Traducido por Susana Carral Martínez e ilustrado por Miguel Ángel Martín…
O pasado sábado, organizada pola Asociación Cultural e Recreativa Comarcal Vivariense, houbo unha xuntanza de 70 viveirenses/as no quilómetro cero de Galicia, en Lalín, no restaurante Agarimo, para participar na festa do cocido, festa que se celebra cada ano dende o domingo anterior ao Entroido e que dura un mes coma mínimo. Cabe subliñar que hai autopista dende A Coruña a Lalín e que axiña se chega, unha hora aproxidamente. Eu facía moitos anos que non pisaba esta terra da comarca do Deza e atopei todo moi cambiado.
A Plaza maior está moi linda e chama a atención a escultura do cerdo que podedes ver nas fotos.
Que ben comimos! Que cocido mi madriña! Non faltaba de nada, carne de cocho e vaca, grelos, chourizos e patacas. Os chourizos pingaban as patacas que daban gloria, incluso, habíaos de cebola e dos outros. De postre filloas, leite frita e queixo do país con membrillo. Mercamos queixos, touciño con e sen febra e chourizos. Antes de xantar fixemos un percorrido polas tascas da vila e monumentos. Mágoa non poder ver o museo! Estaba pechado… Lalín conta con persoeiros tan ilustres como Laxeiro: Xosé Otero Abeledo.
En 1984 o ex presidente da Arxentina Raúl Alfonsín visitou estas terras habida conta de que os seus avós son de Casaldernos, Alfonsín é o neto de Serafín. A vila está irmanada coa cidade na que naceu o ex presidente: Chascomús. De Lalín tamén era Cuiña, quen, como non comungaba coas rodas de muíño de Rajoy and company, foi ‘vilipendiado’ polo seu propio partido!
Cedeira é unha das vilas máis tranquila das que coñezo. Cando era nena adoitaba ir de camping con toda a familia, acampando nun solar do Pucho, na praia, onde hoxe en día está o paseo marítimo e cabaña de Maribel. Que ben o pasabamos! Íamos todos os Roca, tíos, curmáns e resto de familia. Nós tiñamos unha caseta de madeira, a caseta de Oliva, con camas, liteiras e unha fiestra con cortinas coquetonas. A cociña era unha tenda de campaña e a ducha unha lona con regadeira. A auga colliamola da fábrica de madeira do Pucho cunha goma colgada das árbores. Hoxe en dia, onde estaban as fábricas, o Pucho, fixo un edificio de apartamentos. O Postineiro botaba a rapeta tódolos días e nós axudabamos a tirar dela. Meus pais seguen a veranear en Cedeira, pero non de camping, nunha casiña do Camiño Real da praia da Magdalena, miña nai segue a botar en falta a caseta e mailo camping. Moitos membros da familia Roca acabaron mercando un terreo, ou unha casa, nas zonas cercanas ás da acampada.
Meu pai, César, ven de cumpli-los 84 anos e, o seu irmán, Pepe, achegouse ata Cedeira para felicitalo cos seu fillos e netos: os Roca Bordello. A miña curmá, Loli, veu dende Murcia coas súas fillas para felicitalo!
Os patriarcas, César e Pepe Roca Golpe, e as súas donas, as matriarcas Oliva Díaz e Otilia Bordello, observando ás novas xeracións da familia:
Na casa dos meus curmáns:
Velaqui reunida a familia onde outrota tiñamos a mesa de madeira e unha barbacoa: Oliva e Otilia sentadas no banco…
Afortunadamente non tiraron as árbores anque a fonte está sempre moi cocha i espanta á vista. Comimos na Revolta, porque Luís, o seu dono, sempre nos tratou moi ben e coñecemonos dende sempre, mesmo foi o pescadeiro, en Ferrol, da miña tía Otilia, pero fai tempo que se dedica á Hostelería:
Na Revolta (Cedeira) celebrando os 84 anos do patriarca da familia ROCA:
César Roca observando a praia da Magdalena e mailo río dende o paseo marítimo de Cedeira:
Felicidades César!
Paga a pena visitar Cedeira, facédeme caso, visitádea agora que ven a feira do percebe:
Houbo un tempo no que as familias reuníanse nas romerías, festas patronais, vodas, enterros…
Agora, vodas masificadas hai poucas, enterros, habelos hainos, como as meigas e, festas e romerías, non faltan, anque cadaquén vai pola súa conta, agás nos Caneiros (Betanzos) e no Naseiro (Viveiro) onde aínda podemos ver familias enteiras na mesma barca ou mesa, malia que os rapaces prefiren organizar botellóns.
A familia Roca está bastante ligada á praia de Covas de Ferrol, o Vilar, que grazas ás moitas chabolas da bisbarra con xardíns, consérvase virxe, xa que non construiron bloques de formigón como no resto do litoral. Velaquí a fermosa praia, ao fondo a de Doniños, incluso, hai chabolas con mesas camillas no exterior, enanos e froitas de plástico, o colmo da horterada nacional! Pero, que queredes? Prefiro esto aos bloques de formigón…
A praia de Covas, Ferrol
Praia e chabola con mesa camilla no exterior, forrada de tea…
Os irmáns ferrolánsRoca Golpe,Esperanza, Maruja, Isabel, César, Pepe, Juan e Julio, -Fina morreu xoven- orfos de pai e nai dende nenos, son un claro exemplo de persoas loitadoras e testimuñas diretas da contienda do 36, da loita entre irmáns contra irmáns, de veciños contra veciños, bombardeos e fame, das miserias humanas dunha guerra incivil, inxusta e absurda.
Testimuñas do paso da ditadura á democracia, que celebraron arreo, e do século XX ao XXI. Só sobreviven os varóns, xubilados da Bazán e Astano, que saben moito da loita obreira na cidade departamental, ningún deles soporta os atentados contra a Democracia, e non entenden que montaran unha gasificadora na bocana da ría de Ferrol. Eu tampouco…
A súa vida é digna de novelar…
Os sete irmáns tiveron que traballar a mazo, bregando coas autoridades, para que non os mandaran a un orfanato e non deran en adopción aos máis pequenos, tal como querían facer uns parentes miserables: a tía monxa e un cura castrense. Cando quedaron orfos eran todos menores de idade, agás Esperanza e Maruxa: César, o maior dos varóns, tiña 14 anos, Julito era un bebé.
As mulleres asumiron o rol de mamás e papás.
Malia ter a vida en contra, non permitiron baixo ningún concepto, que arrebataran do seu carón aos seus irmáns máis pequenos, defendéndoos con unllas e dentes.
Todos/as souberon saír adiante, formando as súas propias familias, educando aos fillos en valores universais, facéndoos partícipes da escola de Giner e fomentando neles o amor ao estudio e traballo, tal como aprenderan do seu pai, Marcelino Roca, un socialista convencido, amigo de Pablo Iglesias, fundador do PSOE.
Esperanza (RIP), viúva de guerra, casou tres veces e tivo tres fillos: Pachola, Finita e Toñito. Maruja (RIP) casou cun loureado bombeiro de Bazán, Luís Gorgozo (RIP), quen tratou aos Roca como se fosen os seus propios fillos ou irmáns, froito desta unión naceron Victoria (RIP) e Ana;Isabel (RIP) casou con Manuel Gómez e naceron Maribel e Manolito. De César e Oliva, Fina e Teri. De Pepe e Otilia, José Luís, Jorge, Loly, Roberto e Quique;Juan e Mérida só tiveron un neno: Juan Carlos, o máis mimado e armadanzas maior desta xuntanza. De Julio e Pili naceron os máis festeiros, Julito e Piquiqui.
Un amor todos! Hai que lamentar a morte de Victoria, a máis seria, tranquila e serea de todos nós…
Os 17 curmáns, cando nenos, creceron coma irmanciños…
A casa da tía Maruja era a casa patriarcal, onde se celebraban os principais aconteceres familiares, como as festas do Pilar que era a patroa das casas baratas. As vésperas da patroa reuníanse as mulleres e nenos para facer as empanadas e as bollas de azúcar. Cando a Gándara era Gándara e Caranza, Caranza, a familia Roca, ía no coche de San Fernando, un pouquiño a pe e outro pouquiño andando, a merendar e comer ao campo, praia ou A Graña, nunca se perdían as romerías de San Pedro e Chamorro, amén das festas do Parque, das Pepitas e do Rosario, entre outras moitas. Cando había cartos ían na lancha ao castelo de San Felipe, Mugardos, Chanteiro, e cando non había un peso, o tío Luís, levábanos nos ascensores das casas do señorío, na Bazán deixábanos montar no coche de bombeiros e tocar a campaíña. Ter un tío bombeiro, do que presumíamos todos, era un luxo ao alcance de poucos cativos…
Os Roca e as súas respectivas parellas souberon desdramatizar os aconteceres vividos, fomentando a solidaridade humana entre todos eles. E foron mois festeiros, non todos, claro! Ían xuntos a todas partes, ao Naseiro, á Graña, de camping no verán, Valdoviño, Covas ou Cedeira. Pero agora os seus fillos e netos vénse pouco e para evitalo, os dous armadanzas maiores do reino familiar, Finita e Juan Carlos, coa incuestionable axuda de Tito, marido de Fina, decidiron reunir a todos no Vilar, no popular restaurante de Beceiro, viúvo da malograda Victoriña, famoso polos calamares fritidos. En certo modo, coido que, a xuntanza, foi unha merecida homenaxe á mellor prima e amiga, Victoria, que tivo a mala sorte de morrer no mellor da vida, xa que todos a tiñamos no pensamento.
Entre os descendentes directos dos Roca Golpe, había de todo, parados, xubilados, oficiais e suboficiais da Armada, empregados de Bazán, camareiros, cociñeiras, amas de casa, traballadoras/es por conta allea e empresarias, enfermeiras, profesores e profesoras de Primaria, Secundaria e Universidade, deseñadoras, conserxes, administrativos, informáticos. Que sei eu!
Todos/as gozaban de boa saúde e bo dente, o humor non faltou en ningún momento…
Xan Carlos pedindo cartos, cal camareiro, para facer fronte aos gastos. Estaba pletórico. Poucas veces vímolo tan feliz e cheo de enerxía.
Finita con Viky, a neta de Vitoriña, a nena é unha fotocopia da súa avoa, mesmo ten a súa mirada interrogadora.
Mentres se esperaba por Quique, o benxamín dos curmáns Roca Golpe, catedrático de Física e Química na Universidade de Santiago, que viña de lonxe coa súa muller e fillos, dábase boa conta dos calamares, pulpo, langostinos e chourizo caseiro, regados con bos tintos e brancos…
As matriarcas, Finita, Fina e Maribel, primas de maior idade, xunto con Xan Carlos, saíron a recibir a Quique, o curmán máis novo.
Faltaban Jossé Luís, Pachola, Ana e Loly, que non puideron vir por ter que traballar ou por vivir alén de nós.
Empezando a comer…
O máis pequerrecho, neto de Victoria e Manuel, bisneto de Maruja e Luís
Algúns curmáns nin se coñecían, quen máis, quen menos veu coa súa parella e, incluso, cos fillos; había 28 parentes entre grandes e cativos. O tío Pepe e a tía Otilia apareceron á hora do café, cousa que foi moi celebrada. Botábase en falta ao resto dos tíos! Nos descursos finais, que non foron poucos, decidiuse que, non tardando, habería que facer outra xuntanza con tódolos ascendentes e descendentes da familia, espallados polo mundo adiante.
O tío Pepe coa camisa azul era o patriarca dos presentes…
a tía Otilia, a matriusca…
Estivemos ata case a hora da cea, ninguén tiña presa por liscar. Desatouse unha tormenta de verán, chovía auga a Deus dar pero axiña escampou e houbo quen rematou a festa dos primos no Odeón, onde celbraban un rally de coches:
A meta estaba na Gándara, diante do Odión, onde nos bañabamos de pequenos antes de que fixeran o recheo e a ponte das Pías…