As Noces…

Estamos en outono tempo de noces. Quen non ten unha nogueira (nogal) preto da casa?

En Galicia aínda quedan nogueiras, non moitas pero quedan! Recomendo dar un paseo polo parque ou monte máis cércano de onde vivides para recoller noces, é moi divertido, saudable e valen para comer. Son boas par o corazón, Alzheimer, colesterol e anemia. Tres noces diarias axudan a mellorar o organismo. Pero claro, se non sabedes como é unha nogueira, pode que pisedes as noces sen decatarvos do que facedes.

VELAQUÍ unhas nogueiras:

As noces 002.jpg

Observade cómo é unha noz dentro da pelica:

As noces 003.jpg As noces 0041.jpg 

As noces 005.jpg As noces 006.jpg

Seguide paso a paso o procedemento e teredes noces para o ano, noces galegas claro! Que son moi ricas e sans. Cando caen da árbore están envoltas nunha pelica verde, hai que te-la paciencia de esperar a que salgas soas da pel, pero podes recollelas coa pelica e deixalas secar na casa entre sol e sombra; observade no campo ou nas fotos, que cando saen da ‘funda’ están rodeada duns pelos negros, que caen sos.

Cando lles caen tódolos pelos, están listas para comer!

Convén secalas nunha cesta de vimbio.  

Que ricas!

Fotos e texto: Fina Roca.

?

A voltas coas hortas de Oza, Coruña

Os que me seguides neste blog sabedes que me cabrean as inxustizas socias, non as soporto! En Oza estánse a cometer moitas en nome da Lei e da obedenza debida. Como se todas as leis e políticos fosen modelos de virtudes! Se ben é certo que os xubilados/as que cultivaban os terreos do que vai ser ‘parque de Oza con rañaceos incorporados’ non eran os donos deles, non menos certo é que cultivábanos dende os tempos de María Castaña. As hortas mantiñan limpo o campo, servían de entretenemento e completaban a raquítica pensión de xubilación e viúdez dun fato de mulleres e homes. Eu teño pasado tardes enteiras nestas magníficas hortas, falando cos paisanos/as, comendo froita no medio das frores. Ninguén cría, que do día para a noite ían arrasar con todo sen darlles tempo para recolle-la colleita, agás eu por pasar por unha situación similar cando me tiraron a casa de Viveiro, A casa Barro, que podedes ver no link desta mesma bitácora.

Onte estive paseando polas hortas, parecía unha paixase lunática, desoladora! Como se pasara unha apisonadora! Arrasaron coas árbores froitais e ronseles. Dába mágoa ve-las manciñeiras, pereiras e pexegueiros cortados para leña. Montóns de leña abandonados no parque! Pero o que é peor: había rapiña na cidade na que ninguén é forasteiro! Estamos en tempos de fame quizais? Non se entende, que persoas con cara de boa saúde pelexaran por rouba-los cultivos de quen tanto traballou e que estaban a pasar por unha situación kafkiana…

-Roubáronme toda a colleita! Lamentábase unha paisana.

-Non me deixaron nada en pe! Levarónme ata as prantas aromáticas e cantas flores tiña cultividas. Dicíame Concha Vázquez Mella, unha muller de Monelos, que tiña un chabolo de cemento con 20 galiñas no campo de Oza, detrás da Igrexa de Monelos, polo que pagara cincuenta mil pesetas das de antes.

Curiosamente, a horta do crego de Monelos, que estaba chea de merda e de cascos valeiros de cervezas e refrescos, non a expropiaron, pola contra, os empregados municipais, limpiáronlla arreo con cargo ao concello! Tampouco expropiaron aos Reboreda, unha familia do señorío coruñés, a que non lle tocaron chisco do seu muro! Só tiraron as casas, chabolas e hortas dos que non teñen padriño para se defender…

Cando me atopei con Concha, a boa da muller andaba agachada entre as ruínas do seu galiñeiro buscando unha pedra de afiar coitelos, a que lle tiña moito cariño porque pertencera ao seu fillo. As galiñas e maila horta eran o seu consolo i entretemento dende que lle morrera o seu único fillo, quen traballaba nas obras e caeu polo hoco dun ascensor…

-Senón chega ser pola horta e os animais non sei que ía ser de min! Tiven que malvende-las galiñas para que non mas roubaran. Custáronme sete euros cada unha e vendínas a tres! Pero para o piso non podía levalas! Dicíame…

Concha non pensaba chorar pola expropiación forzosa e sen recibir un peso a cambio! Segundo me contaba xa gastara tódalas bágoas no enterro do seu único fillo. Mais miraba con nostalxia para todo canto amara. Nin tempo lle deu a coller as manzás dunha maceira que prantara coas súas propias mans e que daba unhas mazás riquísimas, tiña prantas de tódolos cores, tomates, leitugas, ovos…

Mentras falabamos ela seguía a buscar a pedra de afiar. Por fin deu con ela! Que alegría! Foi como se encontrara o tesouro máis preciado do mundo, cambioulle-lo rostro e alegroumo moito estar con ela nese intre…

Velaquía a Concha no momento de atopa-la pedra de afiar:

Desolador aspecto da horta de Cocha, ver a anotación seguinte nesta mesma páxina para ver como era hai apenas tres días.

Cabazas tiradas no medio dos escombros do galiñeiro de Pepe, o irmán de Concha.

Cando estabamos a face-las fotos apareceu Gloria, outra veciña, doéndose de que talaran unha manciñeira que cultivara ela mesma dentro dunha pota vella do caldo, e que logo transplantara xusto ao lado do muro dos señoritos do lugar, os Reboreda. Ámbalas dúas mulleres, afeitas ás desventuras, achegáronse a unha chabola hortícola, que aínda non tiraran, onde se daban as rosas máis fermosas do mundo, para coller follas de figueira:

-Son boísimas en infusión! Para a dor de estómago e para os nervios! -Dicía Concha- A partir de agora virei a botarlle de comer aos gatiños, porque andan perdidos dende que empezaron coa desfeita. O parque pode quedar moi lindo, pero acabaron coa miña forma de me entreter. Terei que facer como tódolos vellos, pasear e pasear, home bo!

Gloria e Concha diante da derradeira figueira:

Texto e fotos: Fina Roca. Continuar lendo “A voltas coas hortas de Oza, Coruña”

As derradeiras hortas do parque de Oza…

A Coruña…

Onte a tristeza e dor sentíase na xente maior do barrio de Monelos que perante anos cultivaron as súas hortas con paciencia e agarimo. Malia que no mes de abril do presente ano recibiron unha carta instándoos a recoller todos os apeiros en 15 días, coidaban, que a orde ía ser coma outras veces -levaban anos escoitando a mesma historia- e que ían poder facer o que sempre fixeron: cultivar e criar galiñas. A desolación era patente! As máquinas entraron a esgalla e, anque os obreiros, aseguráronlle que de momento non ían tirar as chabolas onde gardan os aperos, chorando, as máis velliñas, preguntábanse, que facer coas galiñas? De feito unha señora, que perdera o marido e mailo único fillo, dicíame que grazas ao coidado das galiñas e maila horta puidera saír adiante. Agora vive nun piso e non vai levar os animais para a casa. Estas hortas están situadas xusto detrás da igrexa de Monelos. A horta do crego non está afetada polo deshaucio, é dicir, que seguirá adscripta á Igrexa, quedando no medio e medio do parque de Oza, ata que a Igrexa a venda por un prezo millionario á constructora da quenda. Seguirei a informar sobre esta desfeita que deixa as persoas maiores sen a súa habiitual forma de vida. As hortas están a salto de mata do Corte Inglés e como se ve nas fotos os bloques de cemento avanzan. De parque nada! Vamos! Un xardinciño, como en Vioño, e o resto para as constructoras. En Vioño desfixeron unha aldea enteira para cubrila con bloques de cemento.

 

Acabáronse as hortas sitas entre o Camiño do Corgo, Rúa Montes e Camiño da Igrexa.

Fotos e texto: Fina Roca

O Parque de Oza…

Así era no mes de xuño de 2007

parque de Oza 033.jpg

Parque de Oza, 059.jpg

Así é dende o mes de agosto de 2007 ata hoxe en día…

Oza-Corgo agosto07 0031.jpg

Oza-Corgo agosto07 005.jpg

Como unha imaxe, as veces, vale máis que mil palabras, coido que sobran comentarios. pero non me resisto a dicir, insistir, que o parque de Oza estaba moi lindo como estaba, que só necesitaba unha limpeza, pero a tala de arbores, a destrución de casas con hortas e leiras, para especular cos terreos, non ten sentido! Nesta mesma bitácora podedes ver o antes e despois do coruñés parque de Oza en distintas entregas. Seguirei informando por ver se os mandamáis se sensibilizan.

Fotos e texto: Fina roca

Coches mal aparcados 2…

  Viveiro…

moteros, Viveiro 005.jpg moteros, Viveiro 007.jpg moteros, Viveiro 013.jpg

moteros, Viveiro 008.jpg moteros, Viveiro 011.jpg moteros, Viveiro 010.jpg

Viveiro 2007. Coches aparcados no acceso principal ao paseo fluvial do río Landrove e no propio paseo, onde o muíño converteuse nunha horrible casa…

E no atrio de Santa María está sempre o coche do crego, e dos amigos…

Vernes Santo, Viveiro 017.jpg Vi.2007. Montse 001.jpg Vi.2007. Montse 004.jpg agosto 2007

 coches.jpg coches 1.jpg Coches 2.jpg

Na rúa Pastor Díaz ás tres da tarde. En Viveiro non hai hora para o reparto. Na zona peatonal hai que sortear os coches a todas horas. Xa houbo que lamentar unha desgraza coa máquina limpadora, que matou a unha muller nesta mesma rúa e non escarmentan. De feito hai coches que entran na rúa por comodidade, para subir unhas caixas de peixe á casa, sen permiso, claro! O todo vale vainos dar un disguto.

Naseiro 2007

Naseiro 07 005.jpg Naseiro 07 001.jpg Naseiro 07 002.jpg

Ao coche negro levouno a grua…

Ver nesta mesma páxina outra páxina sobre Coches mal aparcados 1

Podedes mandar fotos sobre este tema, prometo publicalas e se queredes co voso nome e apelido. Fina Roca

Moteiros en Viveiro…

Hoxe, por fin! Remata a concentración de moteiros en Viveiro chegados de toda a xeografía galega. E digo, por fin! Porque non entendo que, perante catro días e noites, teñan que cruza-la vila de arriba abaixo e de abaixo arriba, facendo ruído noite e día co tubo de escape trucado, tocando o claxon a toda pastilla. Vamos! Que para facerse notar abonda coa exposición e exhibición de motos e motocross nos lugares carismáticos ou na carpa que para a ocasión montouse en Celeiro, onde houbo un concerto de rock duro e hip hop, Sex Museum, non compartido polos mariñeiros xubilados do Gran Sol, pero que si contaba coas simpatías dos bares e pubs do lugar, que viron aumentadas as súas ganancias sen lles preocupar que, rapaces e rapazas, irresponsables, colleran as motos con máis índice de alcohool do permitido. Curiosamente, a garda civil, que está sempre na variante facendo controls de alcolemía, os días da concentración, brillou pola súa ausencia malia ter o cuartel xeral en Cantarrana, Covas…

                    moteros, Viveiro 003.jpg

        A Fermosa ponte da vía. Oculta á vista pola ponte nova da variante, un claro exemplo do feísmo viveirense. A maior concentración de moteiros foi aquí, ao carón da ponte da vía, na variante de Viveiro, unha merda de estrada que fixeron baixo o governo de César Aja e Jaume Matas, para legalizar unha promotora da vara do PP.

                      moteros, Viveiro 017.jpg moteros, Viveiro 001.jpg 

Esquerda e dereita da ponte da vía. Á esquerda hai urbanizacións desmesuradas, á dereita, de momento, hortas, froitos e frores…

moteros, Viveiro 004.jpg moteros, Viveiro 006.jpg moteros, Viveiro 015.jpg

Namentras en Viveiro reinaba o caos con tanto moteiro descontrolado, no resto de Galicia, familias enteiras de moteiros responsables, reivindicaban a retirada dos quita medos e gardarraís das autoestradas, para evitar as mortes e accidentes de motos, sen necesidade de facer ruído noite e día cos claxon e tubos de escape; os moteiros tolos de Viveiro saltaban á toreira as sinais de tráfico e os límites de velocidade.

                                         moteros, Viveiro 016.jpg 

            Dando voltas e reviravoltas, noite e día, a toda pastilla…

            Claro que, en Viveiro, todo vale, tanto ten que mande! De feito a variente sempre está ocuapada por camións de gran tonelaxe que ocultan á vista dos conductores as sinais de tráfico:

                    moteros, Viveiro 002.jpg

Os camións non só tapan as sinais, senón tamén, os frigoríficos, non apagan os motores, para manter as cámaras activas co conseguinte desacougo das casas veciñas, que non poden durmir co rúido…

Pero, o peor dos moteiros é que, os seus seguidores aparcan, como os camións, onde lles peta, como este coche que aparcou en pleno acceso ao paseo fluvial do río Landro e aí se quedou perante toda a tarde noite do sábado 30 de xuño:

moteros, Viveiro 014.jpg  Para ver a matrícula e a foto en grande pinchar en guardar como.

O coche non se privou de nada, aí estaba antes e despois da concentración impedindo o paso ao paseo fluvial ante a indiferencia da policía local e de tráfico.

moteros, Viveiro 007.jpg moteros, Viveiro 005.jpg moteros, Viveiro 013.jpg 

                                        moteros, Viveiro 012.jpg

Tampouco é de recibo que os espectadores se encarmaran á vía do tren, rapaces moi novos e nenos, co conseguinte perigro sen que ninguén dixera nada. Afortunadamente choveu a cachón e a xente abandonou a vía do tren minutos antes da chegada do ferrocarril da costa.

Os peóns pasáronnas putas con algún moteiro irresponsable. A organización debería de expulsar aos infractores das concentracións de motos.

Texto e fotos: Fina Roca

San Xoán…

A Coruña 2007

Praia de Riazor, a maior concentración do mundo de cacharelas e luminarias, presidida polo alcalde socialista, Javier Losada, convertido en ninot, como as fallas valencianas, que nada teñen que ver coa tradición galega da noite de San Xoan.

San Xoan 2007 002.jpg

Salta o lume de San Xoán para que non che roia nin cadela nin can!

Por San Xoán a sardiña molla o pan! O refraneiro é moi listo! Por estas datas están en comida, se pos unha sardiña asada nunha rebanada de pan de broa empápao de grasa.

En Galicia, a noite de San Xoán, 23 de xuño, hai que facer grandes luminarias con chamas altas para que o resplandor do lume véase por todas partes, ben para afuxentar meigas e diaños, ben para alarga-lo día máis longo do ano: o solsticio de verán. Pero hai que seguir todo un ritual como manda a tradición:

1º-Facer o lume con ramas recollidas no monte ou parques, trastos vellos, todo tipo de leña e ramallos secos, por exemplo o toxo, estrume. Os montes quedaban limpos e non ardían tanto.

2º.- Meter perante 24 horas frores frescas na auga sen contaminar (o fiuncho, cinamomo, menta, néboa, herba Luísa e namoradeira  non deben faltar nunca) para se lavar a cara a mañá do día 24. Non vale calquera auga, do grifo non! Ten que ser dunha fonte de sete canos, dun manancial, dun río, é dicir, sen cloro e sen contaminar. E tampouco vale colle-la auga a calquera hora, ten que ser ao amencero que en Galicia chámase a flor da auga. Antes de que ningunha bruxa beba dela.

3º.-É costume queimar o ramo, o do Domingo de Ramos, dun ano para outro. Por regra xeral, o ramo bendito, cólgase nos balcóns, portas, fiestras e cuadras, pero como tódolos anos bendicimos un novo, o vello, xa seco, non debemos tiralo, pois trae mala sorte, hai que queimalo o día das fogueiras de San Xoán. Debemos facer o mesmo coas frores coas que nos lavamos o devandito día, hai que deixalas secar e queimalas dun ano para outro.

4º.-Tódos aqueles obxectos ou cousas, que sospeitamos que traen mala sorte, debemos desfacernos delas nas cacharelas desta mítica noite.

5º.-Formar unha rolda e bailar ao redor das chamas mentres son altas, cantando o exconxuro de sapos,  bruxas e curuxas. Tamén se pasaba o gando polas brasas para desparasitalo.

4º.-Cando as lapas nolo permiten, depedendo das posibilidades de cadaquén, hai que saltar a luminaria, 3, 7, 9, 11, 13, veces, sempre números impares, nin menos de 3, nin máis de 13, como os baños marítimos das carrachentas.

Outrora, cando eu era nena, non asabamos nada nas lapas, agás algunha que outra pataca, porque o lume de San Xoán non tiña como fin comer a fartar, eso deixabamolo para magostos e mallas. Non como agora que se come de todo, en especial as sardiñas e churrasco. As luminarias tiñan máis ben o fin de desfacernos das cousas vellas, de queimar toda a merda, desparasitarnos e acabar coa sarna; inon como agora que hai que comer e beber a fartar ata caer de cu. Tal como acontece na Coruña, onde a meirande parte dos barrios están a perde-la tradición de facer as  fogueiras veciñais, para facer a parranda nas praias urbanas de Riazor e Orzán. O espectáculo é digno de ver, pero non cumpre coa función de queimar todo aquelo que nos sobra, ou non nos gusta, ao contrario, xenera toneladas de merda, porque hoxe en día a sociedade de consumo non sabe divertirse sen comer e beber a cachón.

Velaquí diversos momentos das luminarias de San Xoan en Riazor e Orzán, xuntáronse máis de 100.000 persoas de tódalas idades, as familias tenden a situarse a esquerda da praia, entre as Esclavas e o rompeolas, a rapazada no Orzán, á dereita…

San Xoan 2007 001.jpg San Xoan 2007 017.jpg San Xoan 2007 016.jpg

San Xoan 2007 008.jpg San Xoan 2007 010.jpg San Xoan 2007 011.jpg

Preparándose para a noite máis longa do ano…

San Xoan 2007 020.jpg San Xoan 2007 019.jpg San Xoan 2007 027.jpg

E comenza a festa…

Fotos e texto: Fina Roca

O río Mero…

 O río Mero atravesa os Concellos de Cambre e Culleredo, pasa polo Temple e desemboca na coruñesa ría do Burgo:

 http://gl.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Mero

 Non hai moito, os veciños do lugar, bañábanse na Marisqueira, comían baixo carballos, guindos e nogueiras, e as vacas pastaban libres, pero, chegou a BUNGE, antiga MOYRESA, a maior procesadora do mundo de grans, gárgolas (froitos secos do liño), soja, aceites e outros subproductos transgénicos e foise todo a fritir puñetas. Soltaron tres cisnes e unha morea de patos para disimular e mesmo colocaron unha estatuta de bronce enriba da ponte.

O Temple 8.jpg O Temple 6.jpg O Temple 2.jpg O Temple 4.jpg O Temple 3.jpg recetas  e Burgo 015.jpg

  A estatua é un home super gordo coa cara de Franco sentado nun trapecio e colgado da ponte da autopista da Coruña, na desembocadura do Mero ao seu paso polo paseo marítimo do Temple. Está cuberta de cagadas de pombas e gaivotas. Por debaixo da estatua hai unha ponte de madeira, queimada e cagada, que une as dúas márxes do río, Culleredo e Cambre. Hai tres anos, ás autoridades da quenda, deulles por facer un paseo flubial, sustituíndo os encoros por cemento, talando ás árbores centenarias e a vexetación autóctona. Agora os parrulos niñan debaixo dos plásticos como podemos ver na foto 5.

O amigo RAFA de CAMBRE loitou e loita con unllas e dentes para evitar novas desfeitas e denunciar as existente. Velaquí a reportaxe que me mandou para difundila pola web: 

Paseo_Mero.ppt

 Paseo_Mero

 

 

 

Continuar lendo “O río Mero…”

Sexo legal. Boda de Goretti e Pablo…

 A invitación de voda era moi orixinal: unha sopa de Letras na portada cos nomes dos noivos e o seguinte texto no interior: <Érase unha vez unha parella de amigos que un día namoráronse. Co paso do tempo decidiron unirse (-sexo legal-) un 19 de maio ás 13 horas na Igrexa parroquial de Santa María del Campo de Viveiro (-igrexa románica onde cristianaron a Goretti e onde tamén se casaron seus pais, Luísa e Ramón, e a súa irmá Fátima-). Como sós non sabían estar a todos quixeron invitar. Trala ceremonia nupcial, unha comida quixeron celebrar no restaurante Louzao de Area (-Que comilona! Percebes, langostas, ameixas e lubrigantes a fartar! De 1º prato-)  e cunha gran festa culminar. Colorín colorado este conto acabouse. Se entenderon o conto esperamos déanse por aludidos…>

O día da voda chovía a Deus dar, pero como estaba a familia e amigos de ámbolos dous, non houbo momento para o desánimo. Foi unha voda divertida e pantagruélica. Comer, beber e bailar a fartar! Tanto marisco había, tan rico e fresco, que o hosteleiro, Suso de Louzao, puxo a disposición dos comensais uns orixinais babeiros, para non se salpicar. Babeiros que os invitados levaron de recordo. Ao principio a xente era reacia a eles, pero quen máis, quen menos, acabou poñéndoo, entre bromas e risas, para non se manchar…

   boda Goreti 029.jpg Goretti estaba moi linda e Pablo moi elegante. Resultaron moi bos anfitrións. Bailaron ata caer de cu.

 boda Goreti 052.jpg boda Goreti 053.jpg Parte da familia Díaz-Ariza con candasúa parella.

 boda Goreti 018.jpg boda Goreti 001.jpg boda Goreti 019.jpg boda Goreti 041.jpg boda Goreti 023.jpg boda Goreti 022.jpg boda Goreti 017.jpg boda Goreti 026.jpg boda Goreti 028.jpg boda Goreti 027.jpg A sobriña de Goreetti levou as arras e daba xenio mirala. É unha preciosidade! Cando entrou na Igrexa dei en chorar e a noiva colleuna no colo con toda naturalidade, levándoa ata o altar, cando súa nai, Fátima, cantaba no coro, púxose raiante e tiveron que levarlla, pero logo portouse como unha auténtica raíña.

boda Goreti 008.jpg boda Goreti 013.jpg boda Goreti 033.jpg boda Goreti 035.jpg boda Goreti 032.jpg boda Goreti 047.jpg

.boda Goreti 003.jpg boda Goreti 007.jpg boda Goreti 009.jpg boda Goreti 004.jpg boda Goreti 010.jpg boda Goreti 011.jpg boda Goreti 014.jpg boda Goreti 015.jpg boda Goreti 030.jpg boda Goreti 031.jpg boda Goreti 005.jpg boda Goreti 006.jpg boda Goreti 020.jpg boda Goreti 036.jpg boda Goreti 038.jpg boda Goreti 039.jpg boda Goreti 042.jpg boda Goreti 040.jpg boda Goreti 044.jpg goretti.jpg E que sexan moi felices! Comeron perdices el, pero ela, como é moi lista, comeu percebes do Roncudo e rodaballo a cachón …

Texto e Fotos: Fina Roca

?