O violinista do Corte Inglés…

Cocina con Coca Cola. Foto Fina Roca 001.jpg

 Non sei como se chama, pero tampouco me importa…

Todos os días, a tódalas horas, o violinista do Corte Inglés, séntase nunha incómoda cadeira de praia diante da cabina telefónica, interpretando música clásica barroca coa mirada triste. O violín está descolorido, quizás nunca fose pintado, mortecino e elegante, como quen o acaricia…

Na tapa do violín caen poucos céntimos de euro para un músico entrado en anos, quen os recibe coa súa mellor sonrisa, cando quenta o sol.

FOTO Y TEXTO: Fina Roca

A Mareona asturiana

Nunca tantos ‘roxos’ vin xuntos! Impresionante a marea humana de asturianos que se trasladaron a Coruña para apoiar ao  Sporting provistos de bandeiras e símbolos ‘rojiblancos’. Arrasaban as cores asturianas! Por cada bufanda ou camiseta azul, simbolos do deportivo, había centos de camisetas e bufandas vermellas. Dende primeiras horas da tarde, Riazor, estaba cheíño de aficionados de tódolos tamaños. O día estaba espléndido e as olas de Riazor impresionaban a todos cantos se debruzaban sobre a varanda do paseo marítimo, para observar as sufridas bañistas que pasaban olimpicamente da marea futboleira.

Lendoiro acababa de irmanarse co principado pero ata os máis tontos sabían que ían gañar os cinco mil asturianos que se desplazaron á cidade herculina para apoiar ao seu equipo. Depor-Sorting= 0-3.  

Para que logo digan que hai crise! Cinco mil asturianos paseando por A Coruña…   

Policías armados ata os dentes, os antidisturbios, rodeaban o estadio e bisbarra cun deplegue sen precedentes por estes pagos. Quo vadis? Se ben é certo que entre os seguidores de ámbolos dous equipos sempre hai gilipollas, borrachos e descontrolados, que non saben vivir sen dar a nota, non menos certo é que a mareona asturiana deu alegría a cidade coas súas bufandas, camisetas e bandeiras vermellas… Aupa os ‘roxos’! 

 

Depor Sporting  (26-10-06) Foto Fina  Roca 011.jpg

 

 

Depor Sporting  (26-10-06) Foto Fina  Roca 015.jpg Depor Sporting  (26-10-06) Foto Fina  Roca 014.jpg Depor Sporting  (26-10-06) Foto Fina  Roca 012.jpg Depor Sporting  (26-10-06) Foto Fina  Roca 007.jpg Depor Sporting  (26-10-06) Foto Fina  Roca 020.jpg Depor Sporting  (26-10-06) Foto Fina  Roca 019.jpg

Foto e texto: Fina Roca

Monelos, camiño da Igrexa. Parque de Oza

Ás poucas horas de que Marcos Graña asasinara de dous tiros de escopeta ao seu veciño, José Martínez Hilario, na rúa da Igrexa (Monelos) o Concello de A Coruña afanábase en poñer reixas aos escombros, como querendo tapar tódalas maldades dunha zona tan depremida como ambiciosa, onde non faltan edificios de luxo e casas decadentes, abandonadas a súa sorte ata que aparecen as paleadoras, que seguen a mandar en todo malia merecida caída de Martinsa-Fadesa. Cando tiraron as casas da rúa da Igrexa e mailas árbores que as rodeaban, figueiras, cereixos, loureiros, manciñeiras, limoeiros e pexegueiros, os ionquis das zona foron sustituídos polos camións de entullos, para desesperación da vecindade que ve correr as ratas dende as fiestras das súas casas. Dende que anunciaron a bombo e platillo a construcción do parque de Oza e empezaron a derrubar casas e leiras, todo cambiou, de momento, para peor.

A rúa da Igrexa chámase así porque vai dar Igrexa de Santa María de Oza. Comunícase co Castrillón e coa rúa Joaquín Galiacho que está tapiada dende hai moitos anos. A Casa branca que se ve na foto é a ‘casa do cura’, a quen non lle expropiaron nada, nin unha árbore; uns metros máis arriba, á altura do coche vermello, está o local social de Oza, onde mataron a Hilario. Matouno un tío que está como unha cabra, tiña montado o chiringuito no seu propio coche poñendo a música a toda pastilla ata altas horas da madrugada sen que ninguén facera nada para remedialo. De onde sacaría a escopeta? Se era del e tiña licencia de caza había que meter no trullo a quen lla concedeu.     

As casas da dereita da Rúa da Igrexa quedaron reducidas a escombros.

A rúa da Igrexa entre as casas de antaño e as novas construccións. Se o parque de Oza segue adiante estas casas estarían nun lugar privilexiado, anque dubido que non perteñezan ás constructoras.

Texto e fotos: Fina Roca

As Carrachentas

O Día 20 de xuño, ás oito da tarde, na sede da Fundación Caixa Galicia de A Coruña, presentación do libro As Carrachentas de Fina Roca, editado pola Asociación Cultural Estabañón (Viveiro). No acto, organizado pola la ASOCIACIÓN COMARCAL VIVARIENSE, intervendrán César Pais, Fausto Galdo, Xavier Alcalá e Fina Roca.

A entrada é libre. O libro pódese adquirir en tódalas librerias de Viveiro e nas coruñesas Nos e Lume.

CARRACHENTAS, CAROLINAS, CATALINAS…

PortadaCarrachentas[1]1.pdf

Autora:Fina Roca

Editorial: Asociación Cultural Estabañón

Deseño de portada: Carolina Núñez/Anorak Studio

Argumento: Trátase do baño marítimo das labregas galegas que baixaban da montaña á praia a toma-los baños no mes de setembro despois das mallas e de sementar os navos. Estas peculiares bañistas reciben diversos nomes segundo o lugar. En Viveiro chamábanse carrachentas, en A Coruña catalinas, en Ferrol carolinas; poubanas, montañesas, canónigas… noutros lugares…

O libro está ilustrado con fotos antigas de Ariza (Foto cine Ariza) e Carlos (Foto Carlos) avó e tío da autora; e con fotos actuais da profesora Marta Michelena e do doutor José M. Moreno.

Terroristas fóra…

Xa está ben! Pero, por moito que eu lles diga aos terroristas, non pararán de matar. Equivócase quen pensa que vai acabar con eles con programas de deseño ou con todos os exércitos  do mundo. Tanto ten quen mande, porque os terroristas, como os psicópatas, carecen de sentimentos. ¿Como se pode vivir con tanto odio metido no corpo? Fai falla ter moi pouca conciencia para atacar coas armas a quen só emprega o uso da palabra.

Todos somos culpables! Acabando co oportunismo político e educando aos nenos e nenas en igualdade dende o berce  acabaremos co terrorismo de Estado, Islamista, Etarra, de Xénero. etc…

Mañá ,todas as mulleres traballadoras, e homes con conciencia, deberíamos ir porta con porta condenando o terrorismo, veña de onde veña, e animando a xente a votar. Que ninguén acabe coa democracia que tanto anos costounos acadar.

Que os bispos arrimen o hombro e se deixen de leiras, que traballen pola igualdade, predicando co exemplo. Outro galo cantaría se en lugar de ter un Papa, presidindo a Igrexa, tivesemos unha Papisa, non si? Fina Roca

 

 

Non sen tempo…

Hola a todos e todas! Por causas alleas a miña vontade, e por algo que vos explicarei con tempo suficiente, levo uns días sen escribir nada nesta bitácora, pero, en breve voltarei as andadas e contareivos o porqué non escribo a diario. Sorprende que, malia que non escribo sigades entrando nesta páxina, o que me honra e se agradece.

Graciñas por me leer e ata sempre! Fina roca

As festas do Rosario…

      Onte na coruñesa praza de Azcárraga o dúo Risoterapia composto por Paco Lodeiro e Carlos Jiménez, acompañado pola orquestra La Sonora Callejera, fixo as delcias de propios e estranos, que escacháronse coa risa coas fabulosas imitacións de ámbolos dous artistas. A praza estaba abarrotada de xente, que aplaudiu a rabechar. O momento estelar foi cando apareceu Pepe o Repolo, habitual cantante do bar máis popular da Coruña, Os Beles, que está de aniversario. O Repolo foi recibido con moito cariño, arrancando cunha canción de Antonio Molina: Soy Minero

      Todos son magníficos, pero entre os compoñentes da orquestra cabe subliñar a Pulpiño, un artista que toca 25 instrumentos, facendo música clásica cunha serra cal violín e toca o acordeón ao revés. O grupo interpreta todo o que lle boten, rock, bossa, funky, rumba, pop, son cubano…

       Hai que velos!

As festas do Rosario 011.jpg

Pulpiño tocando a serra, Carlos Jiménez e Pepe o Repolo

As festas do Rosario 003.jpg As festas do Rosario 017.jpg

Unha animada charanga pechou a festa
   

  As festas do Rosario 014.jpg As festas do Rosario 015.jpg   

         Que sega a festa!   

         Texto e fotos: Fina Roca