A vida é para compartir…

Descubro tarde este vídeo, pero me parece tan lindo e interesante que quero facelo partícipe con todos e todas as miñas lectoras.

Os viaxeiros que pasaban o 15 de xaneiro pola estación de Liverpool Street  véronse sorprendidos por unha orixinal acción de Saatchi  Saatchi Londres para T-Mobile. Cuando o reloxo marcaba as once da mañá e sen previo aviso, 400 bailaríns que estaban camuflados comenzaron a executar una espectacular coreografía ao ritmo de oito cancións distintas. A acción formaba parte da nova campaña de T-Mobile, cuxo eslogan é Life’s for sharing: a vida é para compartir. A coreografía dura menos tres minutos e utiliza oito éxitos de distintas épocas. Con esta acción, T-Mobile reproduce o esquema de flashmob, as grandes concentracións de persoas, convocadas xeralmente a través de internet, -neste caso a través de Facebook e móbil,- que se reúnen para levar a cabo algunha acción inusual, e sen máis se dispersan.

Semplemente o ser humano pode ser maravilloso!

Pincha aquí:


http://www.youtube.com/watch?v=VQ3d3KigPQM

Fina Roca.

Medalla de prata para a web de Riveira

A web do Concello de Ribeira acadou o segundo premio -medalla de prata- na categoría de páxina institucional en galego, nos premios Rdl´09 convocados pola Universidade de Vigo ao través da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación do Campus de Pontevedra. A gañadora foi a do Consello de Cultura Galega.

Os gañadores nas distintas categorías participarán o día 13 nunha gala no salón de actos da Faculltade de Ciencias Sociais.

O portal de Riveira foi deseñado por Anorak:

http://www.es.anorakstudio.com/

Un estudio coruñés dirixido por Carolina Núñez e Angel Villalba.

Non é moco de pavo enfrontarse a colosos institucionais como a Xunta Galicia, Universidade de Vigo, Turgalicia  etc e gañar.

Para máis información podedes entrar no Concello de Rivera :

http://www.riveira.es/

Fina Roca

Noraboa Carol, Ángel e David!

A web do concello de Ribeira…

http://www.riveira.es/

A web do concello de Ribeira deseñada e desenvolvida por dous xoves emprendedores: Angel e Carol  –http://www.es.anorakstudio.com/– foi seleccionada pola Organización dos V Premios RdL09 da Facultad de CC.SS. e da Comunicación da Universidad de Vigo para competir na categoría MEllOR WEB INSTITUCIONAL EN GALEGO…

Só seleccionaron 9 webs institucionais das que caben subliñar as da Xunta, Universidade de Vigo, Tour Galicia e Concello de Riveira…

Nestes intres as web máis votadas son a do Concello de Riveira e a da Cultura da Xunta. 

Anorak compite contra Goliat, así que non me queda ningunha dúbida a quen hai que votar.

Para gañar e obter este recoñecimiento polo seu traballo en galego debemos apoiar a Web de Riveira realizada polo estudio de Anorak en galego, castelán e ingles. As votacións on line estarán abertas aos internautas no devandito blog hasta las doce da medianoite do día 10 de maio. Supoño que non fai falla decirvos quen son Carol e Angel, non si?

Ánimo! Vota: http://www.riveira.es/

Só tedes que entrar na web subliñada, pinchar a esquerda e votar pola web de Ribeira. Merecen gañar xa que non teñen padriños xunteiros.  

Texto: Fina Roca?

Semana Santa

Hoxe é o vernes de Dolores. Felicidades a todas as Lolas e Dores. Ollo ao tráfico, coidadiño coa carretera.

Á Igrexa Católica fállalle o subconsciente

Á Igrexa fállalle o subconciente no anuncio do neno e mailo lince.

Non sei quen o dixo, pero subscríboo, ‘que a Igrexa Católica é a única institución que cobra do Estado por facer propaganda de se mesma’. Falar do uso que dan aos cartos públicos en nome de Cristo resucitado é un acto nulo de pleno dereito pois todos e todas sabemos que, os católicos, seguirán a alimentar o seu alter ego de machiños vaticanos.

Na derradeira propaganda sobre abortos e linces ibéricos -de seguro pagada con fondos públicos e notorios- aos bispos ‘castos’ falloulles o subconsciente ao pedir só a salvación para un neno varón, sen defectos aparentes, branco e rubio.  Ario! Faltaría máis.

Está claro que, dos meniños negros, das nenas, ou dos bebés enfermos, non queren saber nada de nada.

Propaganda racista, pura e dura?!

Non teñen remedio!

(Artigo de Fina Roca publicado en La Opinión de Coruña o vernes 20 de marzo de 2009)

?

As Pepitas de Ferrol

A tradición das Pepitas, en Ferrol, remóntase ao século XIX, pero a festa popularízase ao principio do s.XX, en 1903, concretamente.

Que decirvos da Festa? Chámome Fina (Pepa) e nacín en Ferrol. Dende nena vivo a festa a tope e sego a emocianarme cando me atopo coas rondallas, interpretando habaneras, vals ou cancións populares polas rúas, bares ou praza de Amboage.

Para os habitantes de Ferrol, a festa das Pepitas, que se celebra o véspera de San Xosé (18 de marzo) e tan importante como as fallas para os valenciáns, de feito celébranse o mesmo día e cada rondalla ten a súa madriña cal falleira maior. As rúas énchense de tunantes cos seus instrumentos de corda e púa para homenaxear ás ferrolás louvando a súa beleza, discreción e elegancia. Rodean ás mulleres, en especial ás Pepas, Finas e Pepitas, cantándolles fermosísimas cancións, habaneiras…

En Ferrol nunca se perdeu a ancestral tradición de cantar polos bares e rúas. 

As rondallas reúnense na praza do marqués de Amboage, cuxa estatua segue no medio e medio da mesma, non como en Viveiro, que desterraron a Pastor Díaz. Logo de cada actuacións os grupos distribúesen pola cidade para cantar a tope.

Velaquí a estatua de Amboage: http://ferrol.antiguo.googlepages.com/amboage04.jpg/amboage04-full.jpg

 Fina Roca. Ferrol. As Pepitas 2009 010.jpg

Fina Roca. Ferrol. As Pepitas 2009 004.jpg

Fina Roca. Ferrol. As Pepitas 2009 005.jpg

Fina Roca. Ferrol. As Pepitas 2009 014.jpg

Nos derradeiros anos, por iniciativa da Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca, hai o costume de obsequiar ás mulleres polos bares e cafeterías co Bico das Pepitas, un bizcocho de chocolate e laranxa como o que podedes observar na foto. 

Fina Roca. Ferrol. As Pepitas 2009 017.jpg 

Fina Roca. Ferrol. As Pepitas 2009 016.jpg

É o barrio da Magdalena o que máis se integra na conmemoración das Pepitas…

Texto e fotos: Fina Roca

Carmen Formoso

 Carmen Formoso gañou a batallaAgora só falta que Marinita Castaño lle devolva os cartos de A Cruz de San Andrés. A Literatura fixo Historia e xustiza. Que se acaben os premios literarios amañados entre amiguetes e que metan no trullo a quen negocia coa propiedade intelectual.

En Galicia abondan os amaños! Sempre gañan os mesmos, ou seus fillos, curmáns, amiguetes e sobriños.

Por fin! Unha xuíza condena ao presidente de Planeta, José Manuel Lara Bosch, acusándoo de proporcionarlle a novela da escritora gallega ao finado Premio Nóbel e plagista maior, Camilo José Cela, para que escribise A cruz de San Andrés. Non contaban os capitoste do poder socio cultural, que unha escritora, muller e galega, lles plantase cara en 1995, -a Cela e Lara-, por plaxiarlle con premeditación alevosía a súa novela Carmen, Carmela, Carmiña.   

 Podedes seguir esta noticia no blog de Carmen Formoso ou en La  Voz de Galicia de hoxe:

 http://www.carmenformoso.com/

  http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2009/03/06/0003_7571856.htm

 Ou neste blog sobre plagios famosos moi interesante, non si?

 http://www.elplagio.com/Plagio/3.3.Plagiarios_ilustres.html

 Ánimo Carmen! Que Marinita Castaño te devuelva lo que te pertenece.

 Fina Roca. 

Parque de OZA 2009. Continúan as desfeitas…

Que barbaridade! Como xa anunciaba nestas páxinas, se cargaron un bosque por motivos electoralistas. Hoxe, os sufridos veciños e veciñas da rúa Joaquín Galiacho, a zona situada entre a calle de Juan Neira e a da Igrexa de Monelos,  pechada a cal e canto dende hai máis de seis anos, impediron que talaran as poucas árbores que quedaban diante das súas casas.

Levan un mes traballando a marchas forzadas para poder saír na foto cara as eleccións. Vivimos nun momento histórico no que os políticos, tanto os de dereitas, como os de esquerda, só se moven por motivos electoralistas. Non teñen vergoña nin quen lla poña.

Nesta mesma páxina (en temas, pinchade fotos, antes e despois, ou parque de Oza) podedes ver como era este paraíso denantes de que entrasen as máquinas.

Velaquí hoxe en día:

1.- Os veciños negáronse a quitar os coches e grazas a iso non tiraron as árbores que se ven no fronte. Aos capataces de obra non lles gusta que grabemos en vídeo o que están a facer. Os inxeñeiros da obra fuxen das imaxes como os gatos escaldados e mandan aos seus sicarios a botar fóra aos fotógrafos e fotógrafas que cuestionan esta estúpida obra. Na que primeiro tiran os muros de pedra e logo volven a poñelos:

2.- Esta zona estaba cheíña de árbores, había tantos, tantos, que semellaba un bosque salvaxe, que pertencía a finca dos Reboreda. Mesmo había un estanque rodeado de asentos semicirculares cubertos de azulexos de cerámica sevillana e un fermosísimo cenador, que se cargaron impugnemente, malia o seu importante valor artístico. Eran tantas, tantas, as arbores frutais, nogais e castaños, que había neste pulmón coruñés, que non se pode crer que os cargasen sen ningunha xustificación ecolóxica, para acabar prantando palmeiras enanas e laranxas bravas. Cómo é posible que arrancasen as figueiras, parras, manciñeiras, claudias, pereiras sen ter remordeimentos de conciencia? Que xentuza…

Este fermoso castaño, de momento, foi salvado polos veciños colocando os coches diante, chamándolles asasinos cada vez que intentan quitalo.

O resto do parque é todo un despropósito, un deserto que están intentando disimular con palemiras enanas. Observade, anque é mellor darse unha volta polo lugar. O Parque de Oza está á altura do Corte Inglés, entre a Ronda de Outeiro e Monelos.

Onde antes había árbores agora hai estradas, casas, camións, paleadoras e desertos:

Por favor! Deixade as árbores en paz.

Texto e fotos: Fina Roca.

O Lodeiro. Demolición de casas en Viveiro

Sucédense as manifestacións para evitar que 118 vivendas do Lodeiro construídas ilegalmente en Viveiro sexan demolidas en virtud dunha sentencia inapelable do Tribunal Supremo. Ditas licencias foron concedidas baixo o reinato de o ex alcalde César Aja do PP, construídas polo seu promotor financieiro Mareber S.L, alias construccións Rego e santificadas polo ex ministro de fomento Álvarez Cascos. Os propietarios das vivendas, que nada sabían da ilegalidade das mesmas, habida conta que están perfectamente rexistradas con escritura notarial, aproveitaron a campaña electoral para acudir aos respectivos mítines, para manifestar a súa indignación e protesta mediante unha carta dirixida aos aspirantes á presidencia da Xunta de Galicia, na que explicaban a sús triste Odisea. Asemade tódolos mércores concentraranse na praza de Pastor Díaz para leer diversos comunicados ata que lles dean unha solución.

O 21 de febreiro, afectados e solidarios, fixeron un longo recorrido, en manifestación, dende o Río dos Foles ata Covas facendo parada e fonda nos lugares que veremos a continuación.

Velaquí as casas pola fachada marítima:

1.- Concentración diante das casas condenadas á piqueta pola fachada do Río dos Foles, antiga carretera de Celeiro :

2.-Casa de Santiaguito, a persoa que gañou o pleito, cuxa denuncia foi interposta en tempos de Caesar Augusto Aja:

3.- Camiño da casa do principal autor da desfeita. Monumental pitada na vivenda oficial do ex alcalde (outra cacicada máis do glorioso rexidor) coa súa dona asomada na fiestra  con cara de guasa:

4.- Concentración na Praza de Pastor Díaz onde esta o Concello, pedindo solucións:

5.- E Cantarrana diante do constructor sen escrúpulos:

6.-Pancartas irónicas que dan na clave do asunto:

Esperemos que dean unha solución a tanta xente do común que se veron involucrados nesta especulación urbanística sen comelo, nin bebelo. O caso Malaya témolo en Viveiro coa particularidade de que aquí non hai ningún inculpado. Sempre pagan xustos por pecadores. Namentras os políticos e Sindicatos calan ou falan demasiado sen dar solucións. Hai que acabar dunha vez por todas co clientilismo e corporativismo político.

Texto e fotos: Fina Roca

mércores de cinza

Hoxe empeza a entronizada loita de dona Coaresma contra don Carnal. En toda Galiza se resisten a enterrar o Entroido de aía que enterren a coaresma representada nunha sardiña. Ánimo carnaveleiros que aínda queda o Domingo de piñata. Que non decaiga a festa.