Mouros e cristiáns

Mentres preparo novas receitas solidarias, invítovos a visionar este video, super interesante, sobre os costumes das persoas segundo lles toque nascer ou vivir nunha parte ou outra do mundo. Non serei eu quen xuzgue cal é a mellor sociedade ou relixión, pero non podo xustificar o integrismo veña de onde veña…

burka pode ser moi beneficioso no deserto, porque o que tapa o frío, tapa a calor, pero en situcións normais non deixa de ser máis cun espantallo que atenta contra a dignidade humana, das mulleres concretamente. Teño moi claro que todo home que obriga a taparse da cabeza aos pes as súas mulleres é que non confía en se mesmo, que é un acomplexado. Eles, integristas islámicos, os varóns, báñanse nas praias como os europeos, pregúntome, por que non se bañan vestidos e elas en bañador? En fin, abride o vídeo e logo xa falaremos. 

Moslem.pps (application/vnd.ms-powerpoint) 3.001,00 K

Texto: Fina Roca

Cabalgata de Reis

Na Coruña os reis magos chegaron en tren. Milleiros de nenos, avoas, nais e pais agardaban por eles na Estación de San Cristóbal. As seis menos dez empezou a cabalgata, como se pode observar no reloxo da torre, un recorrido espectacular dende a estación ata María Pita, pasando pola fonte de Catro Camiños. Ninguén perdía pancada, os pequerrechos a cabaliño dos seus proxenitores, e no colo dos avós e avoas. Os caramelos -este ano habíaos para cilíacos-voaban por riba das cabezas e, coma sempre, ao querer collelos, houbo algunha insesperada caíada. Había cativos/as con bolsas cheíñas de caramelos, os máis listos puñan o paraugüas ao revés. Os bombeiros coa estrela de Belén e o carteiro real guiaban a Melchor, Gaspar e Baltasar. Baltasar era un rapaciño de cor moi noviño, que non paraba de botar bicos e caramelos, gozaba a mazo co evento. A incorporación a Avenida para acceder á praza de María Pita foi perigroso. Xinetes e amazonas da Hípica acompañarn aos reis. E detrás de todos, pechando a cabalgata, ían as tanquetas de limpeza absorvendo os confettis. A cabalgata da Coruña, non é como a de Madrid, pero vale, xa ilusiona a nenos e maiores…

Velaqui:

Texto e fotos: Fina Roca.

Feliz ano 2010

Confeso que empezo a pasar das celebracións consumistas: o Nadal é unha das datas más estupidamente consumista e hipócrita de todas cantas hai no calendario; con todo, quero felicitarvos a todos coas miñas fotos: unha casiña que está na Coruña, entre a Avenida de Arteixo e os Mallos, xusto ao carón do Centro Cívico, na que vive -ou vivía pois hai tempo que non a vexo-unha encantadora señora maior que coidaba das poucas plantas que lle deixou a civilización:

-Antes tiña unha horta e galiñas! Dicíame 

Casas 0051.jpg

Casas 0041.jpg

Casas 0061.jpg

Casas 0071.jpg

Enfrente queda estaoutra con mini horta, habitada por un señor a quen si vexo a miúdo.

Non se trata de ningún barrio chabolista, nin moito menos…

Texto e fotos: Fina Roca

?

A praia das Catedrias

Cando era nena adoitaba bañarme na praia das Catedrais, en Ribadeo, de xoven e adulta tamén me bañaba alí de marea baixa. Sempre me gustou este lugar ata que se disparou a súa merecida fama e invadírona os turistas, que non sempre respectan o entorno natural. Agora a penas vou por alí, agás en inverno, xa que dende que lle concederon o galardón de patrominio natural non hai maneira de gozar da paisaxe, hai máis xente ca areal. Sempre temín e temo que alguen se fixe demasiado nas praias salvaxes que tanto me gustan, porque de seguida lles conceden bandeiras azuis. COAS BANDEIRAS CHEGA A URBANIZACIÓN DO ENTORNO E OS MALDITOS PASEOS MARÍTIMOS que parecen todos dun parto e acaban co litoral .

Con todo paga a pena visitar as Catedrais, mirade:

http://commons.wikimedia.org/wiki/Praia_das_catedrais

 

Fina Roca

Exposición de Lola España en A Coruña

Lola España (Dolores F. España) ven de colgar os seus cuadros na coruñesa sala de exposicións Alen Klass http://alenklass.es/

Licenciada en Bellas Artes pola facultade de Pontevedra e Máster de Creatividade pola Universidade de Santiago esta xenial pintora ten obra abondo como para ser recoñecida no mundo artístico. A búsqueda da cor e de novos materias, que plasma de forma maxistral en forma de collage, sitúana a medio camiño entre o surrealismo pictórico e a literatura fantástica. Lola recoñece que, dende que abre a fiestra da casa ata que se deita, o mundo rural que a rodea, a cultura castreña ou unha semple horta, danlle voltas e reviravoltas na testa ata que é capaz de plasmar o que sente ao través dos pinceis. A cor ilumiña toda a súa obra.

Lola con Eugenia, a directora da Galería Alen Klass

Monte Blanko:

O castro de OKa (acrílico):

Magnífico collage acrílico: no curro da horta

A exposición está aberta de luns a venres 17:3o-20:30 H; sábados 11:00-14:00H

Alen Klass, Rúa Dolores Rodríguez Sopeña 9. A Coruña

Texto e Fotos: Fina Roca

Arroutada Party en A Coruña

http://ga.arroutada.info/

Que pasada! Prometo apuntarme o próximo ano. Os organizadores estaban exhaustos, tres días e tres noites sen dormir é moito! Rapazas hai poucas e maiores de coarenta non hai ninguén. Marcos Fariña, un dos organizadores, aseguroume que ontes houbo un visitante de máis de setenta anos. Había moita solidaridade entre todos os amigos da arroutada party, de feito se alguén se levantaba dicindo que tiña fame, de seguida, os coleguiñas de PC ofrecíanlle bocatas ou patatas fritas.

Veñen de todas partes e algúns traen súper equipos e outros mini portátiles. Chaman a atención as Pantallas xigantes de máis de 40 pulgadas con cómodos asientos para os seus usuarios, como se de Formula I se tratase. Permiten fumar anque os fumadores sitúanse aparte e non parecen molestar a ninguén. Hai máis limpeza que nos botellóns e menos porros e pirulas, tampouco se observa excesivo consumo de alcohol. En todas as mesas: coca-colas e patatas fritas.

Velaiquí:

Fina Roca. Arroutada Party.30-10-09 008.jpg
Fina Roca. Arroutada Party.30-10-09 002.jpg
Os participantes poden apuntarse por Internet ou en taquilla previo pago para poder facer fronte aos gastos. Os visitantes non pagan: teñen que deixar o DNI que recollerán a saída. Con un semple portatil se pode navegar a velocidade de vértixe, baixar películas, arquivos, música… 

Prevalecen os xogos interactivos.

Fina Roca. Arroutada Party.30-10-09 005.jpg
Fina Roca. Arroutada Party.30-10-09 004.jpg
Fina Roca. Arroutada Party.30-10-09 007.jpg

 

Fina Roca. Arroutada Party.30-10-09 010.jpg

 

Texto e fotos: FIna Roca

Resurrection Fest, Viveiro

Máis de cinco mil persoas déronse cita no Campo de Fútbol  e bisbarra de Viveiro para acoller o RESURRECTION FEST considerado o mellor FESTIVAL de HARDCORE de Europa e parte do estranxeiro:

http://www.resurrection-fest.com/

Abarrote no parque de Viveiro perante dous días: 31 de xullo e 1 de agosto. Acampada libre no parque, San Roque e Lavandeiras (Celeiro)… O bono para os dous días custa 18 euros. De crises, nada, de nada…  Impresionante concertación de xente de todas partes. Porreros, borrachos e abstemios. Hai de todo. Ferve Viveiro co hardercord neiorquino, británico, español e galego. Non pasa nada que non pase nun botellón local. Como unha imaxe vale máis que mil palabras velaquí:

Quentando máquinas: Overcome.

Gardando cola: rapaces e rapaciñas do Primeiro Ciclo da ESO amén de adultos de tódalas nacionalidades, e profesións, en especial lusos, – seguidores dos portugueses Fort de Glory e Ratos de Porao- non queren perder pancada  dos principais grupos hardecord: The Eyes, Rain Is Art, Madballl, H2O, Hazen Street, The Toy Dolls, Mad Caddies, Bytheface, etc…

Tendas de campaña da marca Quechua ata no arcén do Estadio:

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 021.jpg

No parque predominaban as cores negras propias dos grupos musicais Metal. Por faltar non faltaban nin os Skingers, nin os PUNK de cores diversos: rubios, rousados, zanahoria etc:

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 004.jpg

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 012.jpg

O chiringito do camping estaba a tope. Mesmo había grupos coas súas mascotas preferidas, dende cans, cadelas, paxaros e furons:

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 027.jpg

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 057.jpg

Tanto os cans como o furón estaban tranquilísimos! Sen problemas…

Sorprendía a profusión de rapaces e rapazas tatuadas de arriba abaixo: alá cadaquén coas súas manías.

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 020.jpg

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 022.jpg

Namentras a xuventude gozaba a tope da vida e da musica, en Viveiro, na praza de Pastor Díaz quentaban motores para celebrar o Festival máis casposo do mundo mundial: O Festival do Landro:

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 028.jpg

E o máis lindo da xornada: Carlos Romero e os seus amigos. Uns monicreques fabulosos con guitarra tradicional:

Texto e fotos: Fina Roca.

II Mercado Renancentista, Viveiro…

Recreación pseudohistórica do desembarco de Carlos I de ESpaña e V de Alemaña nos Castelos, praia viveirense de Covas:

A correxidora cos soldados espera a Carlos V e a súa nai Juana  

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 008.jpg 

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 010.jpg

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 012.jpg Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 015.jpg

Carlos e Juana la Loca desembarcan nun barquiño de xoguete, perdón, de vela. Suponse que tiña que desembarcar nunha carraca portuguesa, nunha nao ou nunha carabela, non si? Segundo un cronista oficial da vila, ámbolos dous grandes de España e Alemaña, desembarcaron en Viveiro no ano 1548… Vamos! En 1548, dona Juana, filla de Isabel e Fernando, esposa de Felipe o Fermoso, e nai de Carlos V, -primeira raiña de España-estaba pechada en contra da súa vontade, no pazo cárcere de Tordesillas, onde foi maltratada, física e mentalmente polos seus cancerbeiros co visto bo de seu pai e marido. En Tordesilla estivo dende 1509 ata que morreu en 1555. Nin a seu pai, nin ao seu home  lles conviña sacar do encerro a  raiña. Se Fernando o Católico era un impresentable, o seu xerno era peor: auténticos artífices da lenda negra de Juana la Loca. Eran moi ‘machos’ e non podían consentir que unha muller governase o país. Os Austrias foron os precesores da Lei Sálica (as mulleres non poden governar), lei que perpetuaron ata a data os Borbóns. O noso Felipiño ( o marido de Leticia) é o herdeiro a coroa polo semple feito de ter un pendallo no medio das pernas…

Cabaleiros e infantes acompañando aos protagonistas de esta Historia pola estrada de Covas deica ao arco plateresco de Carlos V.

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 005.jpg Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 025.jpg Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 026.jpg

Esperando sentados aos soberanos na praciña da herba coa tradicional vestimenta da época de Carlos V…

 Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 030.jpg 

Namentras, o Viveiro actual transcorría, entre a tradicional volta ciclicsta e anual concentración de moteiros na ponte da vía e no Ies… 

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 033.jpg

Rúas atiborradas de xente vestidos segunda a tradición medieval e renacentista, anque tmaén había as clásicas perrucas de Luis XVI, e romanos. É dicir, cada quen facía a festa a súa maneira 

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 034.jpg Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 037.jpg

Os abandeirados florentinos:

 Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 038.jpg

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 041.jpg Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 035.jpg 

Mangüel e os seus tambores viveirenses: o mellor da Vila

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 044.jpg

Auténtica, Chus…

 Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 045.jpg

O mercado tradicional:

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 050.jpg

A cea nos claustros de San Francisco, as damas e cabaleiros ían fabulosamente vestidos, unha maravilla o escenario gótico do evento onde non faltaban os mestres en cetrería

 Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 052.jpg 

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 051.jpg Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 053.jpg

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 054.jpg 

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 055.jpg Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 058.jpg Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 064.jpg

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 066.jpg Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 060.jpg

 Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 067.jpg

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 068.jpg

Nas rúas: o mellor da súa casa.

Os bares máis concurridos:

Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 071.jpg Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 072.jpg Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 075.jpg Fina Roca. II festa Renancentista, Viveiro 2009 076.jpg

Que non decaiga a festa a pesares dos errores históricos.

Texto e fotos: Fina Roca.

 

 

?

Soho coruñés…

O Soho inglés é unha mestura do mellor e peor de Londres. Neste barrio agólpanse os sex shops e a vida nocturna más intensa dun barrio divertido,  liberal e cheo de curiosidades, onde a comunidade gai xoga un papel primodial: gran parte da prosperidade do Soho débese aos gais. Outrora era un barrio sucio, sórdido e falto de graza, onde a prostitución campaba as súas anchas:

http://es.wikipedia.org/wiki/Soho_(Londres)

O Soho coruñés nace en abril do ano 2008 coa mesma idea do soho londinense: dar vida a unha zona do casco vello coruñés íntimimamente ligada ao antigo barrio de putas, o Papagaio, inmortalizado por Camilo José Cela na súa primeira novela A Familia de Pascual Duarte. Hoxe en día, o cemento, gaña terrreo as tradicionais casas galegas de baixo, piso e sobrado, que todavía podemos ver no Orzán á sombra dos rañaceos. A zona, paralela ao paseo marítimo e praia do Orzán, está moi ben situada e a especulacicón urbanística é evidente.

Todos os primeiros sábados de mes reúnense un fato de artesáns, pintores e músicos no Soho coruñés coa idea de dar un pulo aos bares e locais da zona, emulando ao soho inglés. Fátalles moito pero todo se andará. Nesta especie de mercado liberal das Artes predominan os expositores novos…

Os organizadores (comerciantes do Orzán) fan atractivas ofertas para atraer os clientes, como asar carne na rúa e obsequiar cunha ración a quen gaste no soho un mínimo de 10 euros, ou sortear vales de compra por valor de 100. Charangas e paiasos animan a rúa do Orzán, dende o cruce de San Andrés ata a praza de Pontevedra…

O tempo non os acompaña, alomenos por agora, pero paga a pena achegarse a zona e mercar dende un cuadro, ata mel, agardente, queixos, perfumes, xabóns, roupa ou xoias artesanais. Por faltar non faltan nin as ONGs, nin os coleccionistas de selos, e tantas outras cousas.

Velaquí o Soho do Orzán de hoxe a pesares da chuvia:

O laureado pintor, e arquitecto, Oscar Cabana  Picado, deuse coñecer no soho coruñés, para él é un orgullo expoñer a súa obra na beirarrúa do Orzán, malia colgar os seus cuadros en recoñecidas salas de exposicións.

A vendedora de mel e aguardentes de Galiza:

A charanga e un taller de alfarería:

A tenda das esencias e perfumes:

Asando costela de cocho para obsequiar aos clientes e visitantes do Soho:

Texto e fotos: Fina Roca