Merche Antón, actriz, cantante lírica e poeta, vén de presentar o seu poemario Esconxuros na Coruña. Pasar unha tarde outonal no incondicional marco do salón de actos de Portas Ártabras, na cidade vella, non ten prezo! Un luxo escoitar á poeta e ao actor Santiago Fernández recitar os versos de Merche Antón. Cabe subliñar que o poemario está ilustrado por Siro quen fixo unha interesante presentación da autora e do seu libro editado por Medulia. As reflexións de Merche sobre esperar tanto tempo para publicar a súa lírica noin deixaron indiferentes a ninguén.
Xoguetes para nenos cegos
Xoguetes para nenos cegos
(Luz Darriba)
Xoguetes para nenos cegos é unha novela curta narrada en primeira persoa por Xosé, un home xa maior, que rememora os tempos vividos da posguerra na súa aldea natal. Luz Darriba Magadán escribiuna en galego no ano 2014, nun momento moi duro da súa vida, de desesperación, segundo conta: «A miña nai estaba agonizando en Bos Aires e eu estaba en A Coruña sen poder estar a súa beira.…» Foi publicada en castelán no 2016 (Ed. Tandaia) e en galego no 2021 (Ed. Belagua). Ten un interesante e acertado limiar da escritora Helena Villar Janeiro.
A novela narra a historia de dous rapaciños dende os dez anos ata que son adultos: Xan é un neno cego de nacemento, rico de máis, que vive no ostentoso e amurallado pazo dos Pena Moura, na casa máis grande e rica do lugar. Xosé é vidente pero moi pobre, que malvive nun chamizo con tres adultos ?os seus pais e a tía Pepa?, dúas vacas e unhas poucas galiñas. A súa casa é tan pobre e triste, que ten as portas pechadas á esperanza. Xan é fillo dun militar con mando, que pertence á cara triunfante da guerra fratricida, a do bando dos gañadores: a súa familia xa era rica antes da guerra e posúa moitos brasóns. O pai de Xosé é do bando oposto, pertence á última escala social, a dos perdedores pobres, era un home moi triste, que disparaba palabras como dardos, cando estaba borracho, e que xa renunciara a todo, incluso, ao seu propio fillo. O neno rico medra entre algodóns pero sen o agarimo dos seus pais, que están sempre viaxando, mentres el queda nas mans da servidume e dunha ama de cría perversa, quen lle fai crer que a súa cegueira era un castigo diviño. Xan estaba malcriado, era moi caprichoso e malia que posúa os mellores xoguetes do mundo, gozaba máis inventando cousas ou facendo falcatruadas, que xogando con eles. Tiña un can guía, que morre en estrañas circunstancias e, como non quería máis cans, decide co beneplácito dos seus proxenitores contratar a Xosé, quen vai vivir a súa casa sen que ninguén o consultase, para servirlle de guía. Para a familia de Xosé a súa marcha representaba unha boca menos que alimentar e vestir, e uns cartos no peto polos servizos prestados. Xosé non tarda en descubrir o ben que viven, comen e dormen os ricos! Tamén descubre que Xan era máis listo ca fame e que era capaz de velo todo cos seus enormes ollos de azul agrisado, malia estar ‘baleiros de posibilidades’, mesmo xogaba ao xadrez sen tirar ningunha peza. Xosé convértese nun apéndice de Xan, o seu novo xoguete mercado polos seus pais, para telo contento. O neno rico é maligno e vingativo, pero ao neno pobre ao principio non parece importarlle…
A autora utiliza a Biblia como intertexto, para sinalar os capítulos desta gran novela, invitándonos á lectura activa e reflexiva dos aconteceres cotiáns en Pena Moura; partindo das citas do Antigo e Novo Testamento fainos mergullar naqueles tempos de opresión, miseria e incultura. Luz Darriba, como gran lectora, é consciente de que cadaquén ten unha maneira especial de ver e interpretar as cousas reais ou fabuladas. O caínismo, tema permanente da literatura Universal, está presente nesta novela: o conflito permanente das dúas Españas trala guerra incivil. Caín é o primoxénito de Adán e Eva, o primeiro fillo varón e o primeiro fratricida da Historia.
Xoguetes para nenos cegos comeza coa cita bíblica de Mateo 12, 43-45. Mateo era recadador de impostos e debido a súa profesión era dos poucos evanxelistas, por non dicir o único, que sabía ler e escribir. Non! Non é casualidade que Luz Darriba recorra a Mateo para empezar a historia dun neno pobre sen escola e doutro rico que lee e escribe en braille en varios idiomas. Unha historia que, como a propia autora indica, transcorre nun lugar apracible, en aparencia. Porén, como en Caín e Abel, a condición humana pode chegar aos límites incribles de crueldade e submisión, á cegueira humana, na que os pobres sempre levan as de perder. A novela lese dun tirón porque a intriga vai in crescendo ata chegar ao derradeiro capítulo coa súa correspondente cita bíblica: Jn 8, 81-32, díxolle Xesús aos xudeus, «coñeceredes a verdade, e a verdade faravos libres». Un final inquietante e misterioso. Fina Roca.
.
Capadocia
Navidades de 2017
Capadocia é unha rexión histórica de Anatolia Central, en Turquía, que se caracteriza por ter unha formación xeológica única no mundo e por su patrimonio histórico e cultural. No ano 1985 foi incluída pola Unesco na lista del Patrimonio da Humanidad, con una zona protegida de 9576 ha.1
Estar alí é coma estar noutro mundo, nun lugar paradisíaco polo que non pasa o tempo. Cpadocia siginifica un lugar de fermosos cabalos.
Fina Roca no val de Goreme. Un museo ao aire libre.
Na fábrica de alfombras da Capadocia
Fina Roca na árbore dos desexos, en Goreme.
Museo ao aire libre de Goreme http://www.goreme.com/spanish/goreme-open-air-museum.php
Fina Roca na cidade subterránea, http://www.goreme.com/spanish/derinkuyu-underground-city.php, son oito pisos baixo terra e as veces hai que pasar dunha estancia a outra a catro patas.
Mágoa non poder viaxar en globo por culpa da ventisca, pero outro ano será, non perdo a esperanza de volver a este maravilloso país. Fina Roca
A voda de Saúl e Jorge en Viveiro…
Viveiro é un un logar moi entrañable da Mariña Luguesa O que non ocurre en Viveiro non ocorre no mundo enteiro. Ten de todo, praias, montes e montañas, festas patronais, entroido, Semana Santa, Naseiro, San Roque e cómo ¡Non! Xente do común extraordinaria, que mesmo vale para un roto que para un descosido. Quen pasa a Marola, pasa a mar toda e quen coñece Viveiro coñece o mundo enteiro.
http://www.viveiro.es/cast/index.asp
http://es.wikipedia.org/wiki/Vivero
Saúl e Jorge casaron o pasado nove de novembro. Meses antes, uns 360 invitados recibiron unha invitación impresa en papel de algodón con pigmentos naturais encapsulados en resina, que formaba parte dunha tirada única e exclusiva para este evento, limitada a quince unidades numeradas e firmadas polo autor…
¿Quen son Saúl Jiménez e Jorge Pernas? Dous fotógrafos de Viveiro moi loureados, que levan 10 anos vivindo e traballando xuntos con estudio aberto na FONTENOVA, fronte por fronte de onde empezou o tataravó de Sául, que ten o privelexio de pertencer a una saga de fotógrafos viveirenses, que ilustraron e ilustran a historia de Viveiro dos séculos XX e XXI. Saúl é bisneto de José Antonio D. Ariza, neto de Carlos Jiménez e fillo de Emilio Jiménez. Saga que tamén continúan os seus irmáns, Simón e Samuel. Ariza chegou a Ferrol cunha cámara do minuto, o cine mudo e un carro tirado por unha mula e un cabalo, casou en primeiras nupcias cunha muller do Barqueiro e en segundas cunha viveiresa, pero esto é fariña doutro costal que espero vexa a luz non tardando…
Cabe subliñar que, Jorge e Saúl foron os encargados de face-la campaña do xaponés Issey Miyake:
Páxina web de Carlos Fotógrafos:
http://www.carlosfotografos.com/
Os noivos ocuparon as portadas de prensa da Mariña luguesa, non por ser gais, senón porque foi a voda máis glamurosa de Viveiro e se cadra do mundo enteiro, malia que, como diría Abel, un dos trece testigos da voda, aínda falta moito para a que se tome con naturalidade a unión entre persoas do mesmo sexo. Viveiro lanzouse á rúa para aplaudir o evento ao grito de ¡Guapos! Anque tamén houbo quen desbarrou sentíndose ofendido no seu alter ego de ‘machotiño ibérico’ por saír en portada a unión dos homosexuais. Mal que lle pese o resto estabamos felices, en Viveiro non había unha praza hoteleira libre, porque veu xente de todas partes, e fotógrafos, máis de setenta. A voda civil realizouse no romántico Teatro Pastor Díaz con música en directo, Soul, por un trío feminino; oficiada pola tenente alcaide María Loureiro. Un espontáneo berrou conmovido dende o galiñeiro ¡VIVA ZAPATERO! Pois sí senón chega ser por el non habería voda. Empezou as doce e media e rematou preto das dúas porque falaron os testigos e os espontáneos, como Raquel, tía de Saúl, quen afirmou que dende cativo sinalaba formas e tendecias, xa que gozaba vestíndose e calzándose coa súa roupa e zapatos, ou o humorista Carlos Jiménez, tamén tío de Saúl
Os noivos chegaron nun Morgan verde de dúas prazas conducido por Saúl, a xogo co seu traxe, todo moi inglés, Morgan que levou ata a carpa do restaurante Louzau onde se celebrou o convite, que durou ata as sete da mañá. O aperitivo foi a base de navallas, zamburiñas, xamón, empanadas etc, regado con bos caldos. De almorzo, percebes, camaróns, nécoras, carnes, postres… Logo empezou o baile con música en directo, barra libre, xelados, froitas frescas e golosinas; de cea churrasco e amburguesas. De madrugada empezou a actuación de drakuíns, para continuar a festa rachada ata as sete da madrugada.
Algúns momentos do evento:
Avoas, tíos, tías, curmáns, amigos, músicos:
Quén dicía que Goreti parecíase a súa avoa, non o pode negar:
Sintoo, pero o programa leva todo o día dándome o coñazo, non me deixa pegar nin correxir, así que non vou subi-los vídeos. Só dicir que os noivos están de lúa de mel por terras alén de nós, informándonos paso a paso por onde andan, por Argentina y Brasil, hoxe concretamente, estaban na Patagonia, pero de todo esto xa nos ilustrarán eles cando volten ao seu Viveiriño…
Texto e fotos: Fina Roca
?
Os Maios en Viveiro
Maio, maio, entra de crego / non revolbas o tempo… Aí ven o maio pola calle de abaixo/ aí ven o maio de roubar un refaixo/ aí ven o maio pola pescadería/ aí ven o maio comendo pan e sardiña…
Campo de Urraca é un barrio Viveirense con moita marcha que ensalza todas as festas populares, incluso, a procesión dos nenos. Outrora as nenas saían coa cruz de maio polas rúas, para atoparse cos maios; ían vestidas de branco cos traxes da primeira comuñón, portando guirnaldas, frores, cruces e bandexas cubertas de pétalos para pedir esmolas. As nais axudábanas a formar arcos de mirtos e flores. Os rapaces pola súa banda saían cos maios, unha especie de espantallos formados con canas, fiuncho, ramas, vimbios, varas de salgueiro: tirábanse mortos no chan pero axiña resucitaban, o que viña ser a resurreción do mundo vexetal tras o longo inverno.
Os maios son manifestacións colectivas do denominado Ciclo de Maio, un tempo comprendido entre mediados de abril e mediados de maio: entre maio e abril sae o cuco do cubil. Tres xoves hai no ano que relucen máis co sol: Xoves Santo, Corpus Christi e Ascensión.
En Viveiro os maios saen todos xuntos.
Luciano López Río é a alma mater da festa dos maios: vai vestido cun traxe feito con canas verdes, que pesa veinte kilos aproximadamente. Os acompañantes cantan os maios e piden esmolas polas rúas parando nos bares máis tradicionais. As nenas van vestidas de primeira comuñón cos arcos de mirtos e frores tal como podemos observar nas fotos. Levan maiolas e noces e cantan os Maios acompañados dunha pequena orquestra invitando a todos os presentes a acompañalos. Este é o Maio de Campo de Urraca o máis galano que ten a comarca. Velaiquí o maio:
Texto e fotos: Fina Roca
O 15M na Coruña
Impresionante a manifestación de onte na Coruña convocada polos indignados do 15 M. Había que ver aos vellos, xoves e nenos en perfecta harmonia e pacifícamente manifestándose dende a praza da Palloza á de María Pita, cantando consignas encontra da Banca, e dos banqueiros coma Pego e Rato, dos políticos chourizos, da maldade das preferentes -‘non hay pan para tantos chourizos’, ‘Pego e Rato’ devolvede todos os cartos’-en contra da privatización da Ensinanza e Sanidade, do abuso das Hipotecas que cada día deixan duascentas familias nas rúas, etc, etc. Houbo dúas sentadas, unha diante do obelisco e outra na praza de María Pita.
Hoxe, no obelisco, había organizado un mercado de trueque, ti levabas o que querías e collías idem, pero, a policía local estivo a piques de desmantelalo por non ter o permiso correspondente, tamén querían quitar a mesa de recollida de firmas. Namentres, un grupo de persoas de todas as idades estaban a facer unha asamblea popular cunha batería de ideas para acadar argumentos para combatir a globalización e consumismo do gran capital. Eu propuxen fomentar o pensamento crítico en todas cantas partes nos atopásemos, única maneira de poder combatir dunha vez por todas o medo que está a meternos no corpo esta nova era consumista e Insolidaria.
Para maior información:
José Luís Pego nos la pegó…
José Luís Pego, ex directivo de Caixanova, desos de indemnizacións millonarias, nos la pegó. O caso é que, a iniciativa da Profesora de Historia García Portela, colaboradora de prensa e de radio, levouse a cabo unha recollida de sinaturas, que superan xa as 34.000 firmas, pedindo que xa que non devolve os cartos que alomenos devolva o título que lle deron de Economista do ano, por incompetente, claro…
Deste singular feito faise eco a Prensa do día:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/04/galicia/1320418438.html
Para seguir firmando podedes entrar no blog da devandita profesora: El otro País (la sociedad Civil) cuxos artigos de opinión non teñen desperdicio:
http://www.angelesgarciaportela.com/
¡Ollo ao dato! Vivimos nun tempo histórico no que estamos mangoneados polo nova estirpe de caudillitos democráticos, na Ensinanza crecen coma a clara de ovo a punto de neve, son os de sempre: os trepas da quenda, capaces de desprestixiar aos seus compañeiros para ocultar a súa propia incompetencia e vagancia. Indignémos sen concensións con estes mamalóns, coma nos indignamos no seu día co chapote do Prestige baixo a bandeira de Nunca Máis. Claro que, por certo, pregúntome, ¿onde estan aqueles líderes tan carismáticos e prestixiados? Seica, ¿desapareceron do mapa? ou ¿están a ocupar cargos mellor remunerados cos do profesorado? ¡Home boh! Calquera gana máis ca un docente con máis de 40 anos de servicios prestados. ¡En fin! Hay moito macho financiero e educativo soltos, pero, ¿que queredes que vos diga que non sabedes destes galos de Morón? Pois nada non esquenzades que os ovos os seguen a pór as galiñas, ¿a que si? Fina Roca …
En defensa do ensino público…
O que nunca lle perdoarei a un governo de esquerdas, como se supón é o de Zapatero, que permita os insultos reiterados ao profesorado do Ensino Público, Ensino, claro está, de Infantil, Primaria e Secundaria, xa que o profesorado universitario está nas berzas: illados do mundo, pavoneándose de ser ‘profes de universidade’, crendo, inutilmente, que son alguén cando, con honrosa excepcións, como o meu chorado e recén morto, Serafín Moralejo, son uns estúpidos ao servicio do poder establecido: fai tempo que desapereceu o pensamento crítico das Universidades do Estado Español e así nos vai. Nestres intres, o único profesorado, que se está a preocupar do que pasa neste país, é o de PRIMARIA, base de todo o sistema educativo, e o de SECUNDARIA, paso da idade adolescente a idade adulterada, alias adulta. Se de min valese, mandaría a todos os ministros de Educación, tanto a nivel estatal, como autonómico, a fritir puñetas, é dicir, a vivir co salario do profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria. Hai que foderse, fános culpables do fracaso escolar, quen desvía os cartos ao ensino privado, alias colexios relixiosos, como o de REY CRISTO, Peña Redonda -do OPUS DEI- o XESUÍTAS, onde non admiten aos fillos do paro e maila droga. Unha que foi profesora do Colexio de Cristo Rei, denantes de aprobar unha praza de ensino público a un institiuto, e tamén profesora de Universidade, como axudante dun catedrático prepotente e prestixiado, podería falar largo e tendido de ¿cómo pagan, tratan, ao profesorado, no ensino privado? ¿E cómo cobran ao alumnado? E tamén de ¿como tratan nas universidade ao profesorado sen praza? Veña xa Zapataro, non te podes ir sen amañar as desfeitas do teu estúpido governo, governo que acabou ata con persoeiros tan interesantes coma Touriño, ou Vicente Areces: impresentable favorecer o acceso ao poder de Cascos en Asturias, ou de Mas en Cataluña, mágoa que no PSOE tomaran as rendas os impresentables, quen só pensa no seu cu, no prestixio social, alias coquetear coas dereitas de Aznar, Aguirre, ou da concelleira alemana, Ángela Mérkel. Despertade por favor, ¿onde están os/as libre pensadoras? ¿Que fiséchedes coa escola de Giner? ¿Coas teorías de Azaña, Catelao e Loís Tobío?
A quén lle poda interersar, o que de verdad facemos o profesorado do Ensino Público, que pregunte e se informe ben. Coidadiño, papás en mamás do ensino obrigatorio, ate os 16 anos, que se cansades ao profesorado público, podemos mandarvos aos fillos á casa EN MENOS QUE CANTA UN GALO, xa que depois de todo é o que pretende tanto o governo autonómico como o estatal, seguide a defender o impresentable e non haberá posibilidade posible de conciliar a vida familiar. Alá cadaquén coas súas manías, pero pensade ben a quen votades polo voso propio ben…
Enlaces de interés:
http://sosiesalpedrete.blogspot.com/
Texto: Fina Roca
O Río Miño
Históricamente, viñan a dicirmos, incluso, nas Universidades, que o río Miño nascía en Fontemiña, Fonmiña.
Pois vai ser que non, o Miño nasce nun pedregal en forma de rombo que, segundo a lenda, son pescadores petrificados que están a esperar a redención ao través das augas. Outra das lendas atribúe o pedregal a unha vellliña que tódolos días levaba unha gran pedra no mandil ata que formou o gran rombo que fixo mana-las cristalinas augas.
http://www.minube.com/fotos/rincon/301671?user=mariarequejodiaz
O Miño nasce no Pedregal de Irimia, na serra de Meira, e aflora na lagoa de Fonmiñá (Pastoriza) un lugar paradisíaco que convén visitar.
http://es.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Mi%C3%B1o
Para chegar ata ali hai que encamiñar as nosas pegadas a Meira, quen conta cun fermoso parque dedicado ao excatedratico de Xeografía da Universidade de Santiago, Rio Barja, cuxas cinzas foron espalladas polo pedregal de Irimia por expresa vontade do ilustre xeógrafo:
http://elprogreso.galiciae.com/nova/92771.html
Pasado o parque de Rio Barja paga a pena facer parada e fonda no antigo mosterio benedictino de Meira en cuxo campanario aniñan as cigüeñas, e a Igrexa de Santa María de Meira:
Moi preto do devandito mosteiro está o nascemento do río Miño: O pedregal de Meira. Un fermoso e tranquilo paraxe con mesas e barbacoas. Velaiqui o monolito coa explicación do nacemento do Miño e un poema de Avelino Díaz.
Fonmiñá: Eiquí o Miño aflora xa grande. Un paraíso onde os canónigos e berros crecen libres como nos tempos precedentes:
Texto e fotos: Fina Roca
Feira coruñesa das Artes Plásticas…
Ate hoxe, día de Santiago, podedes gozar da da Décima Feira de Artes Plásticas da Coruña. Un lugar de encontro, sito nos xardíns de Méndez Núñez. Cabe subliñar que, se queredes invertir en arte, esta é unha oportunidade única, en primeiro lugar porque podedes interactuar, en directo, cos pintores/as e artístistas plásticos galegos, en segundo lugar porque os prezos da súa obra é sempre más barata que nas galerías expositivas.
O actual alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, encargouse de inaugurar a devandita feira, percorrendo unha por una as casetas dos artistas plásticos galegos que preside Pedro Bueno. Xa coincidín con Negreira en dous eventos e, aínda que non participamos da mesma idioloxía política, son demasiado ácrata para arrimarme a ninguén, dou fe que non leva a prensa pegada ao cu, como facía o seu predecesor no cargo; agora o que fai falla é que deixe de pensar no partido e que loite pola Coruña.
Velaiquí ao xove artista e arquitecto Oscar Cabana: Un valor incuestionable e laureado por toda a súa obra:
Hoxe tamén pecha as súas portas a feira das Marabillas, feira medieval da cidade vella herculina, que, onte, empezou con chuvia pero, afortunadamente a tardiña escampou un pouco e puidémola visitar, con distintas actuacións de danza, música e acrobacias:
http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/xvii-feira-das-marabillas-a-coru%C3%B1a-3235.html
Texto e fotos: Fina Roca