Fina Roca Díaz
------------------------------------------------------------
Categoría: Profesora de Lingua Castelá e Literatura Hispánica.
Fecha de nacemento: 18 de abril de 1947.
Lugar de nacemento: Ferrol
------------------------------------------------------
CURRÍCULUM:
Licenciada en Filosofía e Letras (Xeografía e Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora e Xefa do Departamento de Lingua Castelá e Literatura do IES Urbano Lugrís de A Coruña do que tamén foi directora. Ex Profesora de Prácticas do Instituto de Ciencias de Educación (CAP) das Universidades de Santiago, A Coruña e Politécnica de Madrid. Vocal da Xunta Directiva do Seminario de Estudios Terra de Viveiro. Profesora Referente do proxecto didáctico de ámbito estatal para fomentar hábitos lectores estables na poboación infantil e xuvenil: PBE (Programa Biblioteca Escuela da Fundación Bertelsmann). Colaboradora de El Heraldo de Vivero e da revista Tempos Novos. Protagonista de varios capítulos de 'A Memoria Cotiá', un documental de Televisión de Galicia baseado nas anécdotas e lembranzas de persoeiros dos mais variados oficios e idades, dirixido por Manolo Gómez. Crítica Literaria. Guionista, documentalista e comentarista de Literatura infantil e xuvenil: Do Cómic á Literatura Universal emitido en Localia TV (2003). Idem do Programa Radiofónico de Literatura Infantil e Linguaxe ‘Magazul’ emitido por Radio Voz (2003-2004). Ex columnista de El Mundo (1998-2002).
Publicacións:
Cartafol das Fontes de Viveiro. Ed. Seminario de Estudos Terra de Viveiro. 1994.
As Carrachentas. Ed. Asociación Cultural Estabañón (2008).
Premios: .
Gañadora do Primeiro Premio de Etnografía convocado pola Agrupación Cultural Sementeira (1975) cuxo xurado estaba presidido polo poeta Manuel María. Directora do xornal escolar A Queimada que foi gañador do Primeiro Premio Estatal convocado pola Generalitat (2003) ao que concursaron 50.000 periódicos escolares do Ensino Público e Privado.
Carmen Formoso gañou a batalla. Agora só falta que Marinita Castaño lle devolva os cartos de A Cruz de SanAndrés. A Literatura fixo Historia e xustiza. Que se acaben os premios literarios amañados entre amiguetes e que metan no trullo a quen negocia coa propiedade intelectual.
En Galicia abondan os amaños! Sempre gañan os mesmos, ou seus fillos, curmáns, amiguetes e sobriños.
Por fin! Unha xuíza condena ao presidente de Planeta, José Manuel Lara Bosch, acusándoo de proporcionarlle a novela da escritora gallega ao finado Premio Nóbel e plagista maior, Camilo José Cela, para que escribise A cruz de San Andrés. Non contaban os capitoste do poder socio cultural, que unha escritora, muller e galega, lles plantase cara en 1995, -a Cela e Lara-, por plaxiarlle con premeditación alevosía a súa novela Carmen, Carmela, Carmiña.
Podedes seguir esta noticia no blog de Carmen Formoso ou en La Voz de Galicia de hoxe:
Que barbaridade! Como xa anunciaba nestas páxinas, se cargaron un bosque por motivos electoralistas. Hoxe, os sufridos veciños e veciñas da rúa Joaquín Galiacho, a zona situada entre a calle de Juan Neira e a da Igrexa de Monelos, pechada a cal e canto dende hai máis de seis anos, impediron que talaran as poucas árbores que quedaban diante das súas casas.
Levan un mes traballando a marchas forzadas para poder saír na foto cara as eleccións. Vivimos nun momento histórico no que os políticos, tanto os de dereitas, como os de esquerda, só se moven por motivos electoralistas. Non teñen vergoña nin quen lla poña.
Nesta mesma páxina (en temas, pinchade fotos, antes e despois, ou parque de Oza) podedes ver como era este paraíso denantes de que entrasen as máquinas.
Velaquí hoxe en día:
1.- Os veciños negáronse a quitar os coches e grazas a iso non tiraron as árbores que se ven no fronte. Aos capataces de obra non lles gusta que grabemos en vídeo o que están a facer. Os inxeñeiros da obra fuxen das imaxes como os gatos escaldados e mandan aos seus sicarios a botar fóra aos fotógrafos e fotógrafas que cuestionan esta estúpida obra. Na que primeiro tiran os muros de pedra e logo volven a poñelos:
2.- Esta zona estaba cheíña de árbores, había tantos, tantos, que semellaba un bosque salvaxe, que pertencía a finca dos Reboreda. Mesmo había un estanque rodeado de asentos semicirculares cubertos de azulexos de cerámica sevillana e un fermosísimo cenador, que se cargaron impugnemente, malia o seu importante valor artístico. Eran tantas, tantas, as arbores frutais, nogais e castaños, que había neste pulmón coruñés, que non se pode crer que os cargasen sen ningunha xustificación ecolóxica, para acabar prantando palmeiras enanas e laranxas bravas. Cómo é posible que arrancasen as figueiras, parras, manciñeiras, claudias, pereiras sen ter remordeimentos de conciencia? Que xentuza…
Este fermoso castaño, de momento, foi salvado polos veciños colocando os coches diante, chamándolles asasinos cada vez que intentan quitalo.
O resto do parque é todo un despropósito, un deserto que están intentando disimular con palemiras enanas. Observade, anque é mellor darse unha volta polo lugar. O Parque de Oza está á altura do Corte Inglés, entre a Ronda de Outeiro e Monelos.
Onde antes había árbores agora hai estradas, casas, camións, paleadoras e desertos:
Sucédense as manifestacións para evitar que 118 vivendas do Lodeiro construídas ilegalmente en Viveiro sexan demolidas en virtud dunha sentencia inapelable do Tribunal Supremo. Ditas licencias foron concedidas baixo o reinato de o ex alcalde César Aja do PP, construídas polo seu promotor financieiro Mareber S.L, alias construccións Rego e santificadas polo ex ministro de fomento Álvarez Cascos. Os propietarios das vivendas, que nada sabían da ilegalidade das mesmas, habida conta que están perfectamente rexistradas con escritura notarial, aproveitaron a campaña electoral para acudir aos respectivos mítines, para manifestar a súa indignación e protesta mediante unha carta dirixida aos aspirantes á presidencia da Xunta de Galicia, na que explicaban a sús triste Odisea. Asemade tódolos mércores concentraranse na praza de Pastor Díaz para leer diversos comunicados ata que lles dean unha solución.
O 21 de febreiro, afectados e solidarios, fixeron un longo recorrido, en manifestación, dende o Río dos Foles ata Covas facendo parada e fonda nos lugares que veremos a continuación.
Velaquí as casas pola fachada marítima:
1.- Concentración diante das casas condenadas á piqueta pola fachada do Río dos Foles, antiga carretera de Celeiro :
2.-Casa de Santiaguito, a persoa que gañou o pleito, cuxa denuncia foi interposta en tempos de Caesar Augusto Aja:
3.- Camiño da casa do principal autor da desfeita. Monumental pitada na vivenda oficial do ex alcalde (outra cacicada máis do glorioso rexidor) coa súa dona asomada na fiestra con cara de guasa:
4.- Concentración na Praza de Pastor Díaz onde esta o Concello, pedindo solucións:
5.- E Cantarrana diante do constructor sen escrúpulos:
6.-Pancartas irónicas que dan na clave do asunto:
Esperemos que dean unha solución a tanta xente do común que se veron involucrados nesta especulación urbanística sen comelo, nin bebelo. O caso Malaya témolo en Viveiro coa particularidade de que aquí non hai ningún inculpado. Sempre pagan xustos por pecadores. Namentras os políticos e Sindicatos calan ou falan demasiado sen dar solucións. Hai que acabar dunha vez por todas co clientilismo e corporativismo político.
Hoxe empeza a entronizada loita de dona Coaresma contra don Carnal. En toda Galiza se resisten a enterrar o Entroido de aía que enterren a coaresma representada nunha sardiña. Ánimo carnaveleiros que aínda queda o Domingo de piñata. Que non decaiga a festa.
Unha vez máis Viveiro saiu a rúa para celebrar o martes de Entroido. Os temas de actualidade materializáronse nas numerosas comparsas e choqueiros que non renunciaron as festas de carnaval malia crises económicas e políticas. Os temas mási celebrados foron: as eleccións, os pagagóns da luz, a crise, os aniversarios, o festival do Landro etc.
A comparsa da Onu, a máis antiga da vila, celebrou en clave de humor o 50 aniversario da revolución cubana. O exército rebelde a golpe do son cubano e a súa caravana da liberdade iniciou a marcha victoriosa polos bares de Viveiro para acabar desfilando co resto de comparsas. Mesmo tiñan o seu propio xornal o DRAMMA para emular ao GRAMMA (órgano oficial del Comité Central del Partido Comunista de Cuba) que repartiron entre todos os presentes. Que humor! Esta comparsa concedeulle a medalla de ouro a LIDIA DÍAZ BLANCO, quen desfilou en muletas ‘polas lesións sufridas nos seus máis de 60 anos de entroidos’. Con mulleres como Lidia sobran as crises.
Non tiñan desperdicio Tarrio e Xavier co seu particular poleiro, os de Begüasa, Turismo Rural, os aldeanos facendo freixós, as noivas paiasos, tómbolas, flores, alegoría da primaveira, avestruces, a duquesa de Alba, etc. En fin! Neste caso concreto unha imaxe vale máis que mil palabras.
Velaquí:
Comparsa de a ONU: comparsa familiar con letrillas de composición propia. Esta formada por un fato de amigos, pais, fillos e Netos. A de maior idade (79 anos) é Lidia e o máis cativo Jorge (10 anos)
Lidia desfilando con muletas e con Jorge.
O Dramma da ONU recollía todas as noticias locais, incluída a demolición das casa do Lodeiro, nacionais e internacionais:
Os de BEGUASA: lendo o DRAMMA e co oficina de Begasa (compañía da luz de Viveiro). Estaban moi ben caracterizados coa súa crítica mordaz ao que pasou coa Luz cando o furacán e o que está a pasar cos recibos da electricidade.
O peor de todo foi que desviaron o tráfico pola ponte da Misericordia permitindo a doble vía e os coches quedaron atrapados perante máis dunha hora, Os conductores estaban desesperados. Pero que non decaiga a festa.
A Agrupación Cultural o Facho premia a Xosé Neira Vilas co Facho de Ouro no Hotel Riazor (A Coruña 31-01-09) como ‘testimuña erecoñecemento a súa longa traxectoria na defensa e dignidade da cultura do País’.
O acto estivo moi concurrido anque notábanse as ausencias como o presidente da Academia Galega, TVG e resto de medios de comunicación, máis pendentes da filla de Lola Flores, alias Lolita, ca da cultura galega. Vamos! Que non é de recibo que, unha cantante mediocre, chupe máis cámara e prensa que un escritor universal. Cabe subliñar que, o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, si que estivo presente.
O intelectual Isaac Díaz Pardo non quixo perderse o evento e foi dos primeiros en chegar saúdando e falando con todos, dando mostras, coma sempre, de educación, cultura e afabilidade:
A escritora e xornalista, Anisia Miranda, esposa do homenaxeado, que foi agasallada cun fermoso ramo de frores, non se cansaba de dar mostras de afecto e cariño ao seu gran amigo Díaz Pardo: ‘canto quero a este home’, dicía.
A mellor voz da xeración de Voces Ceibes, Miro Casabella, -quen no seu álbum ‘Picap/2004’ canta o desastre do Prestige- tampouco quixo perderse a cea homenaxe, como o escritor Xulio Valcárcel, a concelleira coruñesa María josé Bravo, o historiador Felipe Senén e opresidente coruñés da Memoria Histórica Manuel Monje.
(Carmen a esquerda participou no teatro de Luís Freire na Arxentina)
Tras recoller o Facho de Ouro das mans do presidente, José Luís Rodríguez, Neira Vilas dei unha lección maxistral sobre a cultura galega no exilio –Anisa reivindicou unha parte do ‘facho de pedra con letres en ouro’ ao que Neira repinicoulle que a partir de agora formaba parte dos bens gananciais-. As lembranzas do egrexio escritor remontáronse a súa aldea natal, Gres, onde se alumeaban cos fachos, fachas e fachóns. No seu relatorio non faltaron ás conversas no exilio con Manuel María, o himno, a creación da bandeira galega: os emigrantes que partían ás Américas dende o porto de A Coruña o útimo que vían era a bandeira da Comandancia Portuaria Coruñesa de cor branca e banda azul francia, pensando que era o símbolo da nación, acabaron convertédoa na bandeira galega; os colectivos galegos na Arxentina boicoteaban a todos cantos se burlaban do galego e dos galegos/as, como Pepe Iglesias, o Zorro, e Radio Splend; tamén fixo unha semblanza do Grupo de Teatro Luís Lugrís Freire no que participaban Anisa Miranda, Carmen Moreno -presente no hotel Riazor- e Faustino Blanco; fixo fincapé en como tomou conciencia de Galicia grazas aos intelectuais galegos no exilio: Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo. Segundo o egrexio escritor en ningún país do mundo houbo tanta defensa da República como en Cuba. Na Patagonia había campamentos xuvenís co nome dos libros galegos, non como agora en que, os libreiros, nos expositores e escaparates sempre poñen os libros galegos por detrás’. Tamén reivindicoou máis Asociacións Culturais como o Facho, nas vilas e, incluso, no rural, con ampla participación da xuventude e xentiña do común de tódalas idades.
En fin! Todo un luxo poder escoitar en directo o relatorio dunha memoria viva ilustrada nas actividades culturais do exliio galego perante o franquismo. Noraboa ao Facho por seguir na brecha.
Os ventos furacanados atacaron sen piedade a toda a comunidade galega, en Coruña, concretamente, foi terrible, e na mariña luguesa están sen luz por mor do derrube das torretas de alta tensión que seguen a invadir cidades e montes en lugar de estar soterradas, como no resto de Europa. Tres días máis tarde da forte tormenta, as cousas seguen igual de mal.
Non se entende que, habendo como hai tantos parados con gañas de traballar, os respectivos governos, estatais, autonómicos e locais, non tirasen das listas do paro para solucionar os graves e pequenos problemas: restituír a luz, restaurar un valado, apagar as farolas, retirar unha árbore…
No paro hai de todo, inxeñeiros, profesoras, electricistas, albaneles, pintores…
Seica é tan difícil restarurar os valados nas zonas céntricas como a coruñesa Ronda de Outeiro, á altura do Colexio do Corte Inglés? As vallas que pechan o tristemente famoso Parque de Oza e que caeron o pasado vernes, seguen como estaban co consabido perigo para coches e peóns, avaneándose de cotío á altura do semáforo e non permitindo o acceso á marquesina do bus:
Pero mentres en Viveiro e resto da Mariña luguesa seguen sen luz, na Avenida de Monelos, Coruña, as farolas levan tres días encendidas día e noite e as vaias publicitarias van matar a alguén. Que non! Que non están a facer as cousas ben que se deixen os políticos de descursos estúpidos e se poñan a traballar de cheo.
Curiosa e interesante exposición dos artistas plásticos colombianos (Barranquilla) Luís Alberto Hernández e Robín Peñaranda. Ámbolos dous son pintores, escultores e licenciados en Bellas Artes pola Universidade Atlántico de Barranquilla onde Hernández imparte a docencia. É a partir do ano 2007 cando participan en exposicións individuais e colectivas en Galicia. Dende o día 11 de xaneiro ata o seis de febreiro do ano en curso podemos admirar a súa obra na Galería coruñesa ALENKLAS arte: http://alenklass.es/
O profesor e pintor Juan Ondategui non quixo perder o acto inaugural:
A obra de Hernández e Peñaranda está relacionada coa arte máis vangardista e coa literatura Hispano Americana. Na sala de exposicións podemos admirar non só os crímes máis raros e exóticos, senón tamén os galos e coitelos propios do realismo máxico de Gabriel García Márquez.
A Igrexa parroquial de Santa María é a máis completa e pura das igrexas urbanas de Galicia, está catalogada como Monumento e Conxunto Histórico Artístico Nacional, e é o edificio máis antigo do casco vello de Viveiro. Descoñécese a data exacta da súa fundación e construcción, pero, á vista das evidencias arqueolóxicas, non é difícil deducir que con anterioridade á igrexa actual, tivo que haber outra prerrománica, similar a esoutra xoia arquitéctonica: a Igrexa de San Pedro (VI-IX) de Viveiro cuxa fundación remóntase a unha época antiquísima.
O actual templo de Santa María do Campo (XII) é de estilo románico. Ten planta basilical de tres naves separadas por columnas e posúe unha ábsida semicircular con tres ventanucos exteriores, que están rotos. A Portada principal está franqueada por dúas torres cuadrangulares (a do reloxo e campanario) e consta dunha entrada con catro arquivolatas semicirculares apoiadas sobre tres columnas interiores, torna chuvias e rosetón. Esta parroquia posúe unha cruz do século XVII que está considera como a máis fermosa de toda Galicia. Todo o conxunto histórico ten o sabor medieval, ese encanto tradicional que sen razón xustificada perdeuse no resto de prazas viveirenses.
Os graves problemas de conservación do románico galego marítimo radican na salinidade, nos efectos perniciosos das humidades e excrementos das pombas e gaivotas. Existe todo un protocolo para a conservación dos monumentos catalogados e non se pode poñer unha simple grampa sen permiso de Patrimonio. De aí que non se entenda que, en Viveiro, monten un belén apoiado nas paredes do templo con figuras descomunais, sobre cascallo húmido de cortiza de pino e auga a cachón, multiplicando así as manchas de humidade, fungos e mofo.
Non ten sentido tapar unha ábsida románica cun portal de cartón pedra e un cocho bebendo auga, nin cegar as arquivoltas, columnas e capiteis cun galiñeiro. Aínda se durase catro días, outro galo cantaría, pero, o pasado ano, houbo belén ata Entroido. Dentro do templo xa hai un fermosísimo Belén coas súas figuras tradicionais.
Resulltaba moi difícil andar polo atrio de Santa María sen esvarar no cascallo, moquetas e plásticos do belén. As pontes de madeira eran pouco seguras. O chan e escaleiras chorreaban, chorrean, auga polo mal drenaxe das lagoas artificiais. Asemade, para poñer un monigote pescando non facía falla pechar ao público as tradicionais rúas de Felipe Prieto (O calexón do cura) e a de Fernández Victorio, máis coñecida como a da Nogueira.
Patética a Figura do cagón:
Por favor! Deixade Santa María en paz! Que non! Que para atraer o turismo, gañar o Guines e saír na tele non fai falla esta desfeita. Hai mil sitios mellores: no paseo marítimo, nos galpóns do malecón, no club naútico, ou no parque de Cantarrana, onde vai quedar sitio dabondo para montar súper beléns trala tala salvaxe que están a facer. Nas Nogueiras quedaría moi enxebre.
En fin! preservar e resgardar o Patrimonio Cultural dun pobo é cousa de todos e de todas.
(Artigo editado en El Heraldo de Vivero (09-01-09)
Feliz ano a todos e todas! Que vos parece este anuncio? Pois a min góstame moito. O bo viño alegra o corazón! Se estades pola labor escollede os mellores viños do mundo para brindar polo aninovo, pero etiquetados en galego, claro! A fala do común, como o viño, non lle fai mal a ninguén, nin avinagra o pensamento.
Hai que galeguizar a economía! Escomencemos co chateo vinícola…