Fina Roca Díaz
------------------------------------------------------------
Categoría: Profesora de Lingua Castelá e Literatura Hispánica.
Fecha de nacemento: 18 de abril de 1947.
Lugar de nacemento: Ferrol
------------------------------------------------------
CURRÍCULUM:
Licenciada en Filosofía e Letras (Xeografía e Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora e Xefa do Departamento de Lingua Castelá e Literatura do IES Urbano Lugrís de A Coruña do que tamén foi directora. Ex Profesora de Prácticas do Instituto de Ciencias de Educación (CAP) das Universidades de Santiago, A Coruña e Politécnica de Madrid. Vocal da Xunta Directiva do Seminario de Estudios Terra de Viveiro. Profesora Referente do proxecto didáctico de ámbito estatal para fomentar hábitos lectores estables na poboación infantil e xuvenil: PBE (Programa Biblioteca Escuela da Fundación Bertelsmann). Colaboradora de El Heraldo de Vivero e da revista Tempos Novos. Protagonista de varios capítulos de 'A Memoria Cotiá', un documental de Televisión de Galicia baseado nas anécdotas e lembranzas de persoeiros dos mais variados oficios e idades, dirixido por Manolo Gómez. Crítica Literaria. Guionista, documentalista e comentarista de Literatura infantil e xuvenil: Do Cómic á Literatura Universal emitido en Localia TV (2003). Idem do Programa Radiofónico de Literatura Infantil e Linguaxe ‘Magazul’ emitido por Radio Voz (2003-2004). Ex columnista de El Mundo (1998-2002).
Publicacións:
Cartafol das Fontes de Viveiro. Ed. Seminario de Estudos Terra de Viveiro. 1994.
As Carrachentas. Ed. Asociación Cultural Estabañón (2008).
Premios: .
Gañadora do Primeiro Premio de Etnografía convocado pola Agrupación Cultural Sementeira (1975) cuxo xurado estaba presidido polo poeta Manuel María. Directora do xornal escolar A Queimada que foi gañador do Primeiro Premio Estatal convocado pola Generalitat (2003) ao que concursaron 50.000 periódicos escolares do Ensino Público e Privado.
Vila Nova de Cerveira é un concello portugués que ofrece condicións envidables para os amigos/as de viaxar.
Cerveira fica na marxen esquerda do Rio Miño que fai fronteira con España. Esta cerca de Valença do Miño, a 37 km de Viana de Castelo e a 100 de Porto. Foi fundada por don Denis en 1320. Conta a lenda que, os Deuses do Olimpo, quixeron que fose rei un cervo, escollendo para o seu reinado e descendentes a terra portuguesa, que pasoou a chamarse terras de Cervaria por estar habitada por moitos cervos. Un día, un fidalgo desafiou ao rei Cervo, para apropiarse das súas terras, pero non puido co animal. Disque o devandito cervo quedou só no mundo e morreu de pena e aburremento desaparecendo do mapa a terra dos cervos.
O caso é que no escudo de Cerveira hai un cervo en campo de verde e no penedo máis alto un fermosísimo mirador dende o que se divisa a desembocadura do río Miño en todo o seu esplendor, que está presidido por unha escultura de ferrro de dimensións descomuniais en forma de cervo, obra do escultor portugués José Rodrigues, que simboliza a lonxevidade das terras de Cerveira, ou o que é igual: terra dos cervos.
A estrada de acceso ao mirador é moi estreita pero o firme está ben e hai onde aparcar arriba de todo. Paga a pena subir, a paisaxe é impresionate e o aire é puro. Podemos ver a desembocadura do río Miño en todo o seu espelendor e a orilla española
Hai moito que ver nesta singular vila: un castelo, casas e igrexas medievais. Rio navegable, productor de lampreas e meixoes (angulas) -un dito popular di que en Cerveira todo sabe a rio- feiras e bienais culturais, que lle dan o nome da vila da cultura. O mercadiño é impresionante. Pódese atopar de todo: cesteiros, ebanistas, ferreiros, xardineiros, roupa, zapatos, etc, a prezos moi asequibles. A cerámica, azulexos portugueses e cestos de vimbio son boísimos. Nas feiras reúnense os mestres da artesanía popular, anque a comercialización da roupa empeza a gañar terreo…
Descubro tarde este vídeo, pero me parece tan lindo e interesante que quero facelo partícipe con todos e todas as miñas lectoras.
Os viaxeiros que pasaban o 15 de xaneiro pola estación de Liverpool Street véronse sorprendidos por unha orixinal acción de Saatchi Saatchi Londres para T-Mobile. Cuando o reloxo marcaba as once da mañá e sen previo aviso, 400 bailaríns que estaban camuflados comenzaron a executar una espectacular coreografía ao ritmo de oito cancións distintas. A acción formaba parte da nova campaña de T-Mobile, cuxo eslogan é Life’s for sharing: a vida é para compartir. A coreografía dura menos tres minutos e utiliza oito éxitos de distintas épocas. Con esta acción, T-Mobile reproduce o esquema de flashmob, as grandes concentracións de persoas, convocadas xeralmente a través de internet, -neste caso a través de Facebook e móbil,- que se reúnen para levar a cabo algunha acción inusual, e sen máis se dispersan.
Maio, maio, entra de crego / non revolbas o tempo… Aí ven o maio pola calle de abaixo/ aí ven o maio de roubar un refaixo/ aí ven o maio pola pescadería/ aí ven o maio comendo pan e sardiña…
Campo de Urraca é un barrio Viveirense con moita marcha que ensalza todas as festas populares, incluso, a procesión dos nenos. Outrora as nenas saían coa cruz de maio polas rúas, para atoparse cos maios; ían vestidas de branco cos traxes da primeira comuñón, portando guirnaldas, frores, cruces e bandexas cubertas de pétalos para pedir esmolas. As nais axudábanas a formar arcos de mirtos e flores. Os rapaces pola súa banda saían cos maios, unha especie de espantallos formados con canas, fiuncho, ramas, vimbios, varas de salgueiro: tirábanse mortos no chan pero axiña resucitaban, o que viña ser a resurreción do mundo vexetal tras o longo inverno.
Os maios son manifestacións colectivas do denominado Ciclo de Maio, un tempo comprendido entre mediados de abril e mediados de maio: entre maio e abril sae o cuco do cubil. Tres xoves hai no ano que relucen máis co sol: Xoves Santo, Corpus Christi e Ascensión.
En Viveiro os maios saen todos xuntos.
Luciano López Río é a alma mater da festa dos maios: vai vestido cun traxe feito con canas verdes, que pesa veinte kilos aproximadamente. Os acompañantes cantan os maios e piden esmolas polas rúas parando nos bares máis tradicionais. As nenas van vestidas de primeira comuñón cos arcos de mirtos e frores tal como podemos observar nas fotos. Levan maiolas e noces e cantan os Maios acompañados dunha pequena orquestra invitando a todos os presentes a acompañalos.
Velaquí a Luciano vestido de maio e o resto de integrantes: este é o Maio de Campo de Urraca o máis galano que ten a comarca:
Levántate maio que tento durmiches
Érguete maio que tanto durmiches, pasou o inverno e ti non o viches.
O Café Avenida de estilo modernista e lugar de encontro dos aconteceres viveirenses.
A web do Concello de Ribeira acadou o segundo premio -medalla de prata- na categoría de páxina institucional en galego, nos premios Rdl´09 convocados pola Universidade de Vigo ao través da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación do Campus de Pontevedra. A gañadora foi a do Consello de Cultura Galega.
Os gañadores nas distintas categorías participarán o día 13 nunha gala no salón de actos da Faculltade de Ciencias Sociais.
A web do concello de Ribeira deseñada e desenvolvida por dous xoves emprendedores: Angel e Carol –http://www.es.anorakstudio.com/– foi seleccionada pola Organización dos V Premios RdL09 da Facultad de CC.SS. e da Comunicación da Universidad de Vigo para competir na categoría MEllOR WEB INSTITUCIONAL EN GALEGO…
Só seleccionaron 9 webs institucionais das que caben subliñar as da Xunta, Universidade de Vigo, Tour Galicia e Concello de Riveira…
Nestes intres as web máis votadas son a do Concello de Riveira e a da Cultura da Xunta.
Anorak compite contra Goliat, así que non me queda ningunha dúbida a quen hai que votar.
Para gañar e obter este recoñecimiento polo seu traballo en galego debemos apoiar a Web de Riveira realizada polo estudio de Anorak en galego, castelán e ingles. As votacións on line estarán abertas aos internautas no devandito blog hasta las doce da medianoite do día 10 de maio. Supoño que non fai falla decirvos quen son Carol e Angel, non si?
O Ecce Homo, que se venera na capela do pazo da Misericordia (Viveiro), é unha fermosa escultura de autor anónimo do século XVII, a súa forma amaneirada -tan distinta das tallas de Xesucristo trala flaxelación -está atado á columna, sen coroa de espiñas e sen cana como cetro- estivo a piques de acabar na fogueira porque os intolerantes da quenda considerábanna irreverente.
A dificultade da pronunciación das voces latinas Ecce Homo= Velaí o home, termo que utilizou Pilatos no Pretorio trala flaxelación, deu lugar a que, en Viveiro, este Ecce Homo sexa coñecido popularmente como o Santo Iciombre: a fe popularconverteu a Xesús en Santo.
A imaxe é tan querida e venerada que, os mariñeiros de Celeiro e Viveiro, dende tempos inmemoriais, cando van pescar, enfían as proas dos barcos cara á capela da Misericordia para que Cristo os acompañe polos inhóspitos mares; a capela foi fundada en 1603 por Rodrigo Alonso Alfeirán, ten un fermosísimo retablo e pinturas na cúpula, de Camilo Díaz Valiño, pero, non existe ninguha imaxe da Virxe da Misericordia. Disque antes había na entrada unha hornacina na que se veneraba á Virxe dese nome pero, actualmente, non hai rastro por ningures do manto protector da Misericordia.
No ano 2007 un fato de estudiantes universitarios capitaneados por René Gómez -mestre de música e neto de Juan F. Rivera, alias o Goio, tallista viveirés autor das andas do Prendimento e do proxecto das do ECCE HOMO realizado por Sebastián Sierra- e Ramiro Mel Fraga -estudiante de Dereito en Santiago, autor do estandarte da Confradía bordada por el mesmo con fíos de ouro e prata- fundan a Confradía de Nosa Señora da Misericordía implicando aos compañeiros do coro e aos que compartían piso en Santiago, como Rafael Melero, médico e tenor, do Carballiño, e actual vicepresidente da Confradía.
Saen por primeira vez sen crego e sen banda o Vernes Santo de 2007. Dende entón e ata agora saiu sempre malia a chuvia. O pasado ano ao suspenderse as procesións de Viveiro pola metereoloxía adversa, os da Misericordia, sacaron a imaxe ao redor da igrexa e dos edificios cércanos, e non choveu mentres procesionaban ao Cristo. Para non perder o costume este ano pasou o mesmo, así que xa hai que fala de miragre.
Miles de persoas se congregan en torno á capela da Misericordia para ver saír o ECCE HOMO da súa furna e igrexa no presente ano. As andas teñen que sacalas de lado xa que non caben polas portas e logo montar a imaxe no claustro do pazo. Este ano saíron con crego, banda e moreas de cofrades de terciopelo vermello de ámbolos dous sexos. As mulleres poden trasportar a imaxe conxuntamente cos varóns, non existe discriminación por cuestión de sexos. A meirande parte son tan noviños que teñen medo a facelo mal e piden disculpas por todo, cando o certo é que fanno fenomenal.
-Tampouco imos opeñermos a que un transexual devoto leve a mantilla española se cadra! Por que non? Dicíame un cofrade que quere gardar o anonimato.
Cabe subliñar que, o paso do ECCE HOMO da Misericordia, pesa 1800 Kg: necesítanse 72 persoas para poder portalo, 18 por cada varal.
A procesión pola Ponte da Misericordia cos cirios encendidos, cal lucérnagas accesas, impresiona moito, estética e devotamente. Paga a pena ver aos portadores de Celeiro e Viveiro camiñar paseniño co Ecce Homo ás costas seguindo o ritmo da recén estreada banda de cornetas e tambores ata a triunfal chegada ao arco de Carlos V: os portadores teñen que pasar de xeonllos para non danar a imaxe para poder xuntarse coa procesión da Paixón na praza de Pastor Díaz.
Onte empezou a chover xusto cando o Ecce homo traspasou á porta de entrada á cidade sentíndose amparado polo arco protector da hornaciana de San Roque. Choveu a cachón e suspendéndeuse a Precesión pero o Ecce Homo non se mollaba. Non tardando, parou de chover e con esa mirada cómplice e misericordiosa, que ten o Cristo da columna, que mesmo parece que che está a falar e que dixit: ‘vámonos compañeiros e compañeiras antes de que volva chover.’
Os portadores sacaron a imaxe marcha atrás e emprenderon o camiño de regreso entre os aplausos de todos os presentes. Oe! Medio Viveiro acompañouno ata a súa casa e outro medio agardaba por el na Misericordia, e non choveu máis ata que estivo de novo na súa furna.
Velaquí un muestrario dos aconteceres do Ecce Homo da Misericordia dentro e fóra da capela:
Á Igrexa fállalle o subconciente no anuncio do neno e mailo lince.
Non sei quen o dixo, pero subscríboo, ‘que a Igrexa Católica é a única institución que cobra do Estado por facer propaganda de se mesma’. Falar do uso que dan aos cartos públicos en nome de Cristo resucitado é un acto nulo de pleno dereito pois todos e todas sabemos que, os católicos, seguirán a alimentar o seu alter ego de machiños vaticanos.
Na derradeira propaganda sobre abortos e linces ibéricos -de seguro pagada con fondos públicos e notorios- aos bispos ‘castos’ falloulles o subconsciente ao pedir só a salvación para un neno varón, sen defectos aparentes, branco e rubio. Ario! Faltaría máis.
Está claro que, dos meniños negros, das nenas, ou dos bebés enfermos, non queren saber nada de nada.
Propaganda racista, pura e dura?!
Non teñen remedio!
(Artigo de Fina Roca publicado en La Opinión de Coruña o vernes 20 de marzo de 2009)
A tradición das Pepitas, en Ferrol, remóntase ao século XIX, pero a festa popularízase ao principio do s.XX, en 1903, concretamente.
Que decirvos da Festa? Chámome Fina (Pepa) e nacín en Ferrol. Dende nena vivo a festa a tope e sego a emocianarme cando me atopo coas rondallas, interpretando habaneras, vals ou cancións populares polas rúas, bares ou praza de Amboage.
Para os habitantes de Ferrol, a festa das Pepitas, que se celebra o véspera de San Xosé (18 de marzo) e tan importante como as fallas para os valenciáns, de feito celébranse o mesmo día e cada rondalla ten a súa madriña cal falleira maior. As rúas énchense de tunantes cos seus instrumentos de corda e púa para homenaxear ás ferrolás louvando a súa beleza, discreción e elegancia. Rodean ás mulleres, en especial ás Pepas, Finas e Pepitas, cantándolles fermosísimas cancións, habaneiras…
En Ferrol nunca se perdeu a ancestral tradición de cantar polos bares e rúas.
As rondallas reúnense na praza do marqués de Amboage, cuxa estatua segue no medio e medio da mesma, non como en Viveiro, que desterraron a Pastor Díaz. Logo de cada actuacións os grupos distribúesen pola cidade para cantar a tope.
Nos derradeiros anos, por iniciativa da Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca, hai o costume de obsequiar ás mulleres polos bares e cafeterías co Bico das Pepitas, un bizcocho de chocolate e laranxa como o que podedes observar na foto.
É o barrio da Magdalena o que máis se integra na conmemoración das Pepitas…